Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies

Aviso legal

Condicións xerais de uso da páxina web

 

I. Condicións Xerais e Particulares de uso da páxina web

Adquire a condición de usuario toda persoa física ou xurídica que accede á páxina www.emalcsa.es (de aquí en diante, a páxina), empregando os servizos e contidos exclusivamente para fins particulares da mesma e/ou por razón da súa condición de cliente ou potencial cliente da Empresa Municipal Aguas de La Coruña, S.A. (de aquí en diante, Emalcsa); con exclusión de calquera modalidade de emprego posterior dos mesmos con ánimo de lucro ou reporte dalgún beneficio, directo ou indirecto.

O usuario, polo mero feito de acceder á páxina, acepta plenamente e sen reserva algunha, as presentes Condicións Xerais, así como as Condicións Particulares, para o uso de determinados contidos e servizos, que serán coñecidos e aceptados polo usuario con carácter previo ao emprego dos mesmos. As devanditas Condicións Particulares poden substituír en todo ou en parte, completar e/ou modificar o disposto nestas Condicións Xerais.

 

II. Obxecto da páxina

A través do acceso á páxina, o usuario poderá gozar do uso de diversos contidos e servizos que serán ofrecidos ben por Emalcsa ou ben por terceiros provedores, nas condicións que se determinen para os mesmos.

O acceso á páxina é gratuíto, sen necesidade de autorización previa, subscrición ou rexistro, salvo para os servizos e contidos específicos destinados aos clientes de Emalcsa, nos que así se determine nestas Condicións Xerais ou nas súas Condicións Particulares. O usuario unicamente deberá reunir as seguintes condicións técnicas para beneficiarse do uso da páxina: «Internet Explorer 9» ou superior, «Firefox 31» ou superior, «Chrome 31» ou superior, «Safari 5.1» ou superior e «Opera 25» ou superior, ademais de ser unha páxina adaptada a tabletas e dispositivos móbiles.

Emalcsa poderá modificar de xeito unilateral e sen aviso previo, a prestación, configuración e contido da páxina, así como as condicións de uso da mesma e o acceso aos servizos prestados.

Emalcsa informa aos seus clientes, que a contratación total «on-line» dos servizos ofertados por Emalcsa na páxina, non é posible, a consecuencia das características propias da contratación dos devanditos servizos. Unicamente poderán facerse «on-line», aquelas actuacións, procedementos e solicitudes, para as que a execución sexa posible a través da páxina web de Emalcsa, por resultar adecuadas ao medio empregado.

 

III. Contido da página

Con carácter xeral, os servizos e contidos ofrecidos a través da páxina, atoparanse dispoñibles en galego e castelán.

A través da páxina poderase acceder a servizos e contidos propios de Emalcsa e do resto de empresas nas que ten presencia, así como Asociacións, Organismos e provedores de servizos e contidos, alleos á mesma, accesibles a través dun hipervínculo ou link.

Emalcsa resérvase o dereito de manter, excluír ou modificar, no seu caso, os contidos e servizos prestados a través da páxina, sen previo aviso aos usuarios.

 

IV. Dereitos e obrigas do usuario

Polo mero feito de acceder á páxina, o usuario, persoa física ou xurídica destinataria final dos servizos e contidos, adquire as seguintes obrigas, dereitos e prohibicións.

IV.I. Dereitos e obrigas

O usuario poderá e, no seu caso, estará obrigado a:

- Acceder de forma gratuíta e sen necesidade de autorización previa ou rexistro, aos contenidos e servizos da páxina dispoñibles como tales, sen prexuízo das condicións técnicas e particulares detalladas e relativas aos servizos e contidos específicos, destinados aos clientes de Emalcsa, segundo se determine nestas Condicións Xerais, ou nas Condicións Particulares dos devanditos servicios.

- Empregar os servizos e contidos dispoñibles para o seu uso exclusivamente particular. Os usuarios clientes de Emalcsa terán dereito a empregar os servizos establecidos para tal efecto na páxina.

- Facer un uso correcto e lícito da páxina, de conformidade coa lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública.

- Poñer en coñecemento do responsable da páxina, calquera actuación ou contido que resulte contraria á lei e aos dereitos fundamentais e liberdades públicas de terceiros, ou que poida supoñer un prexuízo para o bo funcionamento da páxina e dos usuarios da mesma.

- Non acceder a empregar os servizos e contidos da páxina con fins ilícitos, lesivos de dereitos e liberdades de terceiros, ou que poidan prexudicar, danar ou impedir de calquera xeito, o acceso aos mesmos, en prexuízo de Emalcsa ou de terceiros, en especial dos clientes de Emalcsa.

- Non empregar os servizos, total ou parcialmente, para promocionar, vender, contratar, divulgar publicidade, ou información propia, ou de terceiras persoas, sen autorización previa de Emalcsa.

- Establecer as medidas de seguridade de carácter técnico adecuadas, para evitar accións non desexadas no seu sistema de información, sendo consciente de que Internet non é totalmente seguro.

- O usuario da páxina responderá persoalmente dos danos e prexuízos de calquera natureza causados a Emalcsa, directa ou indirectamente, polo incumprimento de calquera das obrigas derivadas destas Condicións Xerais ou outras normas polas que se rixa o emprego da páxina. Así mesmo responderá de forma directa, indirecta ou subsidiaria, polo dano emerxente ou lucro cesante, derivados da infracción dos dereitos de propiedade intelectual dos autores.

IV.II. Prohibicións

En ningún caso o usuario poderá:

- Engadir contidos ou información que atenten contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas.

- Incitar ou promover a realización de actos delictivos, xenófobos, terroristas ou degradantes por razón de idade, sexo, relixión ou crenzas.

- Divulgar contidos ou servizos pornográficos, obscenos, violentos ou que atenten contra a lei, a moral ou os bos costumes.

- Facer calquera acción que supoña a copia, reproducción, distribución, comunicación pública ou calquera outra acción similar, de todo ou parte dos contidos da páxina, sen a autorización previa e por escrito de Emalcsa, ou do terceiro propietario dos dereitos de propiedade intelectual e industrial.

- Engadir hipervínculos á páxina, que non se limiten única e exclusivamente ao acceso á páxina principal ou «home page».

- Reproducir total ou parcialmente, noutra web, a páxina ou os hipervínculos accesibles a través da mesma.

- Crear «browser», ou facer un «border enviroment» sobre a páxina e as páxinas accesibles a través da mesma.

- Facer calquera afirmación ou acción, que puidese levar a erro á persoa que accede a través do hipervínculo á páxina.

- Empregar os servizos ofrecidos a través da páxina, de forma contraria ás condicións de emprego e en prexuízo ou con menoscabo dos dereitos do resto de usuarios, en especial dos clientes de Emalcsa.

- Facer calquera acción que impida ou dificulte o acceso á páxina polos usuarios, en especial dos clientes de Emalcsa, así coma dos hipervínculos aos servizos e contidos de terceiros ofrecidos a través da páxina web.

- Facer uso da páxina como vía de acceso a Internet, para a comisión de accións ilícitas ou contrarias á lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública.

- Incluír ou introducir calquera tipo de virus informático, benigno ou maligno, ou calquera outro código, software ou programa informático que poida provocar danos ou alteracións non autorizadas, dos contidos, programas ou sistemas accesibles, a través dos servizos prestados na páxina, ou dos usuarios dos mesmos.

- Empregar a marca ou nomes comerciais, así como calquera outro sinal identificativo que se atope suxeito a dereitos de propiedade intelectual ou industrial, sen a previa autorización expresa e por escrito do seu propietario.

 

V. Dereitos e obrigas de Emalcsa

Emalcsa resérvase os seguintes dereitos:

- Modificar as condicións de acceso á páxina, técnicas ou non, de maneira unilateral e sen preaviso aos usuarios.

- Establecer Condicións Particulares e, no seu caso, a esixencia dun prezo ou outros requisitos, para o acceso a determinados servizos, en especial dos servizos dirixidos aos clientes de Emalcsa.

- Limitar, excluír ou condicionar, o acceso dos usuarios, cando non se den todas as garantías de emprego correcto da páxina, polos mesmos, conforme ás obrigas e prohibicións asumidas polos mesmos.

- Finalizar a prestación dun servizo ou subministración dun contido, sen dereito a indemnización, cando o mesmo resulte ilícito ou contrario ás condicións establecidas para os mesmos.

- Modificar, suprimir ou actualizar, todo ou parte dos contidos ou servizos ofrecidos a través da páxina, sen necesidade de preaviso.

- Emprender calquera acción legal ou xudicial, que resulte conveniente para a protección dos dereitos de Emalcsa, como de terceiros, que presten os seus servizos ou contidos a través da páxina, sempre que resulte procedente.

- Esixir a indemnización procedente, que puidese derivar polo emprego indebido ou ilícito, de todo ou parte dos servizos e contidos prestados a través da páxina.

 

VI. Exención e limitación de responsabilidade

Emalcsa queda exenta de calquera tipo de responsabilidade nos seguintes casos:

- Pola dispoñibilidade do servizo da páxina, cando a mesma se deba a unha causa allea ao ámbito de control da mesma, xa proveña directa ou indirectamente desta, así como das reclamacións feitas, pola imposibilidade ou deficiencia do emprego do servizo da páxina, nos termos establecidos.

- Da dispoñibilidade e condicións, técnicas ou non, de acceso aos servizos e contidos prestados por terceiros a través da páxina.

- Da información ou contidos que se comuniquen, aloxen, transmitan ou mostren a través dos servizos e contidos prestados na páxina por terceiros usuarios ou provedores.

- Da exactitude, fiabilidade e licitude da información contida no mesmo, que non fora feita directamente por Emalcsa, que se atope en páxinas web de terceiros ou fóra da páxina, e das súas condicións de uso.

- Dos hipervínculos ou links engadidos na páxina, que non cumpran as condicións de contratación establecidas para os mesmos, así coma do contido que puidese resultar ilícito ou contrario á moral ou aos bos costumes.

- Do tratamento e emprego posterior de datos persoais feitos por terceiros alleos a Emalcsa, así como a pertenencia da información solicitada por estes.

- Da calidade e velocidade de acceso á páxina e das condicións técnicas que debe reunir o usuario, co fin de poder acceder á páxina e aos seus servizos.

- Dos danos ou prexuízos que puidesen causar os produtos ou servizos de terceiros, anunciados ou postos a disposición dos usuarios, por estes, a través da páxina.

 

VII. Propiedade intelectual e industrial

O usuario coñece que os contidos e servizos ofrecidos a través da páxina, atópanse protexidos polo «Copyright», dereitos de autor e de propiedade intelectual e industrial, que no seu caso corresponden a Emalcsa e aos terceiros e provedores, e que son propiedade exclusiva dos mesmos.

A prestación dos servizos e publicación dos contidos a través da páxina, non implicará en ningún caso a cesión, renuncia ou transmisión, total ou parcial, dos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. A utilización, baixo calquera modalidade, de todo ou parte do contido da páxina, queda suxeita á necesidade de solicitar autorización previa do seu autor e a aceptación da correspondente licenza, no seu caso.

Baixo ningún concepto, o usuario poderá facer un uso ou utilización dos servizos ou produtos e contidos distribuídos a través da páxina, que non sexa exclusivamente persoal.

A infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial polo usuario, atópase suxeita á esixencia da correspondente responsabilidade legal e xudicial, por calquera uso fóra dos permitidos, que supoña a infracción de dereitos, exista ou non beneficio para o mesmo, así como a esixencia do correspondente dano emerxente e lucro cesante que resulte da infracción cometida.

A marca Emalcsa e a correspondente marca gráfica son todas elas marcas rexistradas e queda prohibida a súa reproducción ou emprego sen a autorización do seu titular.

 

VIII. Lexislación aplicable e xurisdicción

As presentes Condicións Xerais rexiranse pola lexislación española.

Para calquera controversia que puidese xurdir con Emalcsa, polo emprego dos servizos e contidos da páxina suxeitos a estas Condicións, ambas partes sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais da Coruña (España).

Para calquera dúbida ou suxestión que puidese ter en relacións coas anteriores condicións de uso, pode poñerse en contacto connosco, mediante carta dirixida a Atención ao Cliente de Emalcsa na rúa Manuel Murguía s/n - Casa da Auga, distrito postal 15011, da Coruña, ou en atencioncliente@emalcsa.es por medio dun correo electrónico.