Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

Cada canto tempo factura EMALCSA?

EMALCSA factura cada tres meses a clientes particulares e cada mes a grandes consumidores.

Cal é o seu horario de oficina?

A oficina de atención ao cliente de EMALCSA atópase en:

R/ Manuel Murguía, s/n Edificio Casa da Auga, andar 1ª, C.P. 15011 (A Coruña)

Informámoslle que para a maioría dos trámites é necesario solicitar cita previa.

HORARIO

De 8:30 a 13:50 horas

Lembrámoslle que temos canles alternativos para o servizo ao cliente:

Teléfono de Atención ao Cliente 981 24 23 22

En cumprimento do disposto no artigo 22 do RDL 1/2007, Emalcsa pon a liña telefónica 900825160 a disposición dos seus clientes

Correo electrónico atencioncliente@emalcsa.es

Oficina virtual a través da nosa páxina web www.emalcsa.es

Existe algunha bonificación na tarifa da auga?

A vixente Ordenanza Fiscal nº 5 reguladora da taxa de subministración e utilización de auga potable no termo municipal da Coruña contén, ademais da tarifa xeral de aplicación, outras tarifas para usos domésticos da auga que a continuación se detallan, e ás que o usuario pode acollerse se cumpre os requisitos esixidos.

Formulario solicitud aplicación bonificación tarifa agua por ingresos (2022) 

Formulario solicitud familia numerosa (2022) 

Formulario solicitud familia monoparental (2022) 

Que trámites poden realizarse na Oficina Virtual?

  • Alta de subministración, tanto para un contrato novo sen rexistro como para clientes rexistrados que queiran dar de alta outras subministracións a partir dos propios datos.

  • Baixa de subministración.

  • Cambio de titularidade da subministración.

  • Domiciliación bancaria.

  • Facturación electrónica.

  • Reclamacións económicas relacionadas coa subministración.

  • Suxestións, reclamacións ou queixas sobre a prestación do servizo.

  • Lectura e intervencións no seu contador.

  • Cambio de domicilio para o envío de documentación.

  • Modificación de datos do cliente, recordándolle que os seus cambios terán influencia no rexistro de cliente.

Teño que ir á oficina para realizar todos os trámites?

A maioría das xestións con EMALCSA poden realizarse online, previo rexistro como cliente na nosa Oficina Virtual.

Canto tempo teño para pagar a miña factura?

Que documentación se precisa para realizar un contrato de subministración?

Os documentos e requisitos necesarios para formalizar un contrato de subministración poden consultarse a través da nosa páxina web.

Coñece máis

Atención ao usuario +

Atención ao usuario

Non dubide en facernos chegar calquera suxestión, consulta, reclamación ou petición, con respecto ao servizo que recibe de EMALCSA ou esta páxina web.