Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidade técnica, non recaba ni cede datos de carácter persoal dos usuarios sin o seu coñecemento. Sin embargo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas á de Emalcsa que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a eles.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Aceptar Denegar Configurar
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa e a Universidade da Coruña estreitan a súa colaboración coa Cátedra Emalcsa

Noticias |

O alcalde da Coruña e presidente de Emalcsa, Xulio Ferreiro, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron hoxe un convenio de colaboración que significa a creación da Cátedra Emalcsa para afondar nas liñas de traballo conxunto que ambas as dúas entidades manteñen xa desde a mesma creación da UDC.

A través desta Cátedra, a Empresa Municipal de Augas da Coruña e a Universidade consolidan unha relación científico-técnica, cun dobre obxectivo. Primeiro, avanzar na investigación, o desenvolvemento e a innovación no subministro e tratamento de auga, con especial atención aos grandes retos dos próximos anos: a loita contra o cambio climático e o control da calidade da auga, eidos nos que a cidade da Coruña pode ser punteira. E, en segundo lugar, para apoiar aos concellos e institucións que a miúdo solicitan o asesoramento de Emalcsa en cuestións relacionadas coa xestión da auga urbana, onde xa é un referente de madurez e experiencia.

Doutra banda, a Cátedra Emalcsa supón para a UDC unha oportunidade de amosar as súas fortalezas e coñecemento sobre a xestión sustentable da auga nos tres ámbitos nos que se apoia: ambiental, social e económico. Un coñecemento que se pode levar á práctica a través de Emalcsa e axudar á empresa na mellora continua da prestación dos servizos que ten encomendados.

A cátedra terá unha duración de 4 anos, o máximo permitido pola lei para este tipo de convenios, pero ten vocación de continuidade, como un proxecto a longo prazo do que a cidadanía da Coruña e Galicia poida sentir orgullo. A UDC nomeará un director ou directora da cátedra, que co encargo de liderar o seu funcionamento, e terá un espazo propio na Casa da Auga. Tamén se creará un comité asesor científico-técnico (no que estean presentes investigadores da UDC e persoal de Emalcsa), que permita establecer un foro estable de comunicación e diálogo. Será neste comité onde se tomarán as principais decisións.

 

 Xestión sostible e integrada do recurso auga en contornas urbanas

Coa sustentabilidade como eixo, a colaboración científico-técnica entre a universidade e a empresa municipal centrarase na definición de estratexias e metodoloxías para a xestión integrada da auga en diferentes contextos xeográficos, sociais e económicos.

Para iso, seguiranse os principios e valores que son paradigma a nivel mundial, como o uso das “infraestruturas verdes”, no denominado “desenvolvemento de baixo impacto” (Low Impact Development, LID), ou no concepto de “cidades sensibles á auga” (water sensitive cities), que ten como ferramenta fundamental a implantación das técnicas de drenaxe urbana sustentable (TDUS).

O uso das TDUS implica unha novo modelo da xestión das augas pluviais e das escorrentías no ámbito urbano (uso dos tellados verdes, os sistemas de biorretención, o uso de lagoas, estanques e humidais, etc.). Outros aspectos de vital importancia serán as consecuencias derivadas do proceso de cambio climático o a introdución de elementos de economía circular nos sistemas de auga urbana.

Un ámbito de actividade moi importante da Cátedra será o deseño e desenvolvemento de actividades de formación, divulgación, transferencia e investigación no ámbito da xestión sustentable da auga urbana. Potenciarase a colaboración en estudos de posgrao, patrocinio de bolsas pre e posdoutorais, organización de conferencias, seminarios e obradoiros, xornadas de divulgación científica, tecnolóxica e artística ou publicacións, entre outras actividades. Tamén encaixa nesta liña de traballo o apoio a teses de doutoramento e traballos de fin de mestrado e de grao, así como os encontros e redes.

Ademais, a cátedra dará apoio ás iniciativas colaboración entre Emalcsa e outros concellos e institucións no desenvolvemento de estratexias para unha xestión sostible da agua. A meta é converter á Coruña nun polo de atracción para compartir coñecemento con outras administracións e institucións, que poidan atopar un referente en Emalcsa para a mellora do seu desempeño diario. E, deste xeito, a empresa municipal de augas acada dimensión e importancia a través do traballo conxunto e o entendemento. Resolvendo problemas e retos aprenderemos máis e funcionaremos mellor.

Últimas noticias

Completado o primeiro ciclo da FP DUAL de Técnico Superior en Xestión de Auga +

Completado o primeiro ciclo da FP DUAL de Técnico Superior en Xestión de Auga

O pasado 11 de agosto as instalacións de EMALCSA acolleron o último seminario técnico enmarcado no período de prácticas do alumnado que cursou o ciclo de FP DUAL de Técnico Superior en Xestión de Auga no CEIP Universidade Laboral de Culleredo. Esta formación, pioneira en Galicia, foi unha aposta de EMALCSA para mellorar a oferta educativa nun sector con moita demanda e con escasa oferta en España.

 

O seminario, relacionado coa análise dun proceso de contratación público vinculado a unha concesión de servizo de auga dun concello, foi o derradeiro dentro dun compendio de actividades que se levaron a cabo durante os dous anos de duración do ciclo e no que colaboraron empresas privadas e entidades públicas como a Universidade de A Coruña, colaborando con esta última a Cátedra EMALCSA-UDC para a coordinación de diversas iniciativas.

 

Durante estes dous anos o alumnado desenvolveu a súa formación teórica no centro escolar e as prácticas en EMALCSA. Así, durante dous períodos de seis meses levaron a cabo actividades en todos os departamentos da empresa para coñecer, de primeira man, o funcionamento de todo o proceso de xestión da auga.

 

No primeiro ano do curso, nove estudantes estiveron no almacén de EMALCSA, no departamento de redes de distribución da compañía de augas, na ETAP da Telva e tamén na área de Instalacións Interiores. Neste último caso aprenderon sobre a problemática das novas subministracións así como da normativa técnica relacionada coas instalacións de contadores e reformas.

 

No segundo ano os sete alumnos que continuaron coa formación pasaron dúas semanas en Atención ao Público, coñeceron os procesos de xestión e regulación da lectura dos contadores, participaron na área de Facturación e Cobro e na de Administración e Contabilidade, aprenderon sobre mantemento electromecánico, sistemas de monitorización ou control de calidade e tamén desenvolveron parte da súa formación no departamento de I+D+i.

 

Seminarios, viaxes, encontros dixitais, visitas ou colaboración con outras entidades públicas e privadas son algunhas das actividades e proxectos que complementaron este ciclo de  FP DUAL de Técnico Superior en Xestión de Auga.

Cástor Eduardo Maduro, galardoado na 3ª edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC +

Cástor Eduardo Maduro, galardoado na 3ª edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC

A Sala de Prensa do Paraninfo Universidade da Coruñ acolleu hoxe a terceira edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC, cuxo obxectivo é recoñecer o mellor Traballo Fin de Máster de temática relacionada cos sistemas de auga urbana elaborado por estudantes e graduados da UDC no curso académico 2021-2022.

No acto estiveron presentes a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o vicerreitor da UDC, Salvador Naya; o director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira; e o director da Cátedra Emalcsa-UDC, Moisés Canle.

Nesta ocasión, entregouse un recoñecemento a Cástor Eduardo Maduro, estudante do Máster Universitario en Enxeñería da Auga, polo seu traballo ‘Development and Field Testing of a Metal Membrane Passive Sampler for the Determination of Organic Contaminants in Surface and Wastewaters’.

O xurado coincidiu en que con esta investigación desenvolveu unha excelente análise dunha solución con potencial para realizar mostras pasivas de contaminantes orgánicos con vistas á protección das masas de auga.

Así mesmo, tamén se outorgou un accésit ao estudante do Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica, Carlos Leira Castro, polo seu traballo ‘Integración de sensores con distintas tecnoloxías de comunicación IoT para a maqueta Medusa’.

O proxecto foi valorado positivamente polo xurado ao propoñer unha solución con capacidade para simular situacións que se poidan dar na rede de distribución de Emalcsa e detectar potenciais problemas.

Nos vindeiros días anunciarase a convocatoria da cuarta edición destes premios.

EMALCSA repara de forma urxente a rotura dunha tubaxe na Avenida da Pasaxe +

EMALCSA repara de forma urxente a rotura dunha tubaxe na Avenida da Pasaxe

 

EMALCSA tivo que intervir de urxencia na mañá de hoxe, 10 de xullo, tras recibir o aviso dunha rotura nunha tubaxe na Avenida da Pasaxe. A incidencia produciuse debido a unhas obras alleas á Empresa Municipal de Augas de A Coruña nunha urbanización en Alfonso Molina.

Técnicos da compañía desprazáronse ata o lugar dos feitos tras ser notificados da incidencia, ao redor das 10:15 horas, procedendo de inmediato a illar o tramo afectado con válvulas de seccionamento correspondente.

Desde EMALCSA estase a traballar para poder restablecer a subministración de auga no edificio situado na rúa Luis Pita, á altura da rotonda con Alfonso Molina. No mesmo, e debido á rotura, víronse afectados algúns garaxes e trasteiros, situación que está sendo xestionada pola empresa causante da incidencia.

Como consecuencia das obras realizadas na xornada de hoxe para poder seguir mantendo o servizo de subministración poderían darse episodios de turbidez da auga durante os vindeiros días.

 

EMALCSA participa na simulación dunha activación das sirenas de aviso á poboación na presa de Cecebre +

EMALCSA participa na simulación dunha activación das sirenas de aviso á poboación na presa de Cecebre

EMALCSA participou na mañá de hoxe na simulación dunha rotura na presa de Cecebre, simulacro organizado pola Xunta para comprobar o funcionamento das sirenas de aviso á poboación adscritas a 39 presas con Plan de Emerxencia.

Para esta iniciativa posta en marcha durante este xoves e venres, a entidade autonómica contou coa colaboración dos titulares das infraestruturas. Na proba de hoxe, ademais de persoal propio de EMALCSA, participaou persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Augas de Galicia, así como de Protección Civil de Cambre.

Os principais obxectivos destes actos foron revisar as propias sereas, garantir a súa operatividade e que a poboación da zona recoñeza o son en caso de situación de  emerxencia.

En Galicia hai actualmente 45 plans de emerxencia de presa aprobados. Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación, como aos organismos xestores de Emerxencias.