Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
A nosa actividade

A nosa actividade

Participamos en todas as fases do ciclo integral da auga con criterios de sustentabilidade

O ciclo integral da auga comeza na natureza coas precipitacións que se recollen nos ríos e encoros. O home continúa o ciclo captando e tratando a auga para o seu consumo directo e uso doméstico e industrial, polo que debe ser tratada e depurada de novo antes de vertela ao mar. A natureza volve pechar o ciclo coa evaporación da auga do mar e os ríos, que volve ser recollida en forma de precipitacións.

EMALCSA participa coa súa xestión en todas as fases do ciclo integral da auga na área metropolitana da Coruña.

Reservas de auga

O encoro de Cecebre, que garante o abastecemento de auga na área da Coruña, recolle o caudal dos ríos Mero e Barcés.

EMALCSA xestiona a regulación do caudal do encoro en función da demanda e do caudal ecolóxico do río, controla a calidade da auga encorada e supervisa a infraestructura de Cecebre.

Captación e potabilización

A auga natural é captada e tratada para convertela en apta para o consumo humano nas Estacións de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva e Cañás, xestionadas por EMALCSA.

Nesta fase, EMALCSA realiza os procesos de decantación, filtración e cloración necesarios para que a auga sexa apta para o consumo, ao tempo que contribúe á preservación do equilibrio ecolóxico coa devolución ao río da auga perdida no proceso e a recuperación de lamas para a súa valorización.

Distribución

EMALCSA, a través dunha rede de canalizacións de máis de 550 quilómetros de lonxitude, distribúe a auga aos consumidores finais. Durante todo o proceso, a empresa traballa para garantir a calidade da subministración, realizando análises nos depósitos, na rede e nas billas dos usuarios.

Así mesmo, EMALCSA ocúpase do mantemento e a mellora da rede para evitar fugas e perdas.

Usos da auga

Esta fase, na que a auga é empregada polo consumidor final nos fogares, as industrias e as actividades comerciais, é a máis importante do ciclo.

EMALCSA intervén nesta fase do proceso para promover un uso responsable do recurso por parte dos cidadáns e asumindo os custos reais da xestión que conleva todo o ciclo.

Saneamento e depuración

Nesta última fase, EMALCSA encárgase de tratar e depurar a auga unha vez usada para devolvela ao medio natural e permitir que o ciclo volva comezar.

Ademais de participar na xestión das Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) de Bens, Quenllo e San Vicente, a empresa ocúpase da limpeza e mantemento da rede de sumidoiros.

Reservas de auga

O encoro de Cecebre pertence á cunca hidrográfica Mero-Barcés e a competencia da súa xestión corresponde á Xunta de Galicia. EMALCSA é a encargada de regular o caudal en función da demanda e do caudal ecolóxico do río, realizar o control da calidade da auga encorada e a supervisión da infraestructura. O mantemento do caudal ecolóxico no río Mero, ao igual que garantir a calidade e a correcta xestión do encoro, implica unha estreita colaboración entre Augas de Galicia e EMALCSA.

Grazas á reserva de auga do encoro de Cecebre garántese o abastecemento de auga na área da Coruña.

A zona da presa de Cecebre é un espazo protexido baixo as seguintes figuras:

  • Rede Natura 2000.

  • LIC ES 1110004 (data 12/04/2004).

  • Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral (data 27/05/1997).

Encoro de Cecebre

Localización

Confluencia ríos Mero e Barcés

363

ha superficie encoro

228

km2 superficie cunca

22

hm3 capacidade encoro

Captación e potabilización

Nesta fase do ciclo, a auga natural é captada e tratada para convertila en auga apta para o consumo humano. EMALCSA realiza este proceso en dous centros: a ETAP da Telva e a ETAP de Cañás. Este proceso é complexo debido a dous factores: a variabilidade nas condicións da auga recibida e a necesidade de garantir o caudal ecolóxico dos ríos onde se sitúan as plantas.

Para garantir que a auga sexa apta para o consumo, ao tempo que se protexe o contorno natural realízanse análises de forma continua tanto ás augas naturais como durante o tratamento, o que permite optimizar os procesos de decantación, filtración e cloración.

 

Planta tratamento

ETAP A Telva

  • Poboación atendida: Concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada
  • Poboación abastecida: 385.551 hab.
  • Volume máximo de captación: 2.425 l./seg.
  • Auga tratada: 34.003.131 m3
  • Capacidade máxima tratamento: 76.474.800 m3

Planta tratamento

ETAP Cañás

  • Poboación atendida: Concello de Carral
  • Poboación abastecida: 6.118 hab.
  • Volume máximo de captación: 100 l./seg.
  • Auga tratada: 600.772 m3

 

Recuperación de auga de proceso

Dentro do compromiso de EMALCSA co medio e a sustentabilidade, optouse por recuperar a auga perdida no proceso, co fin de devolvela ao río con calidade superior á inicialmente captada. As lamas procedentes da clarificación da auga son recollidas en dous pozos na planta de lamas da Telva para o seu espesamento e posterior secado. A auga recuperada é vertida de novo ao río e o residuo xerado na planta de lamas é valorizado por xestores autorizados, producindo 'tecnosolos' destinados á recuperación de espazos naturais.

Distribución

A auga apta para consumo procedente das ETAP é impulsada á rede de distribución para levala aos consumidores finais a través dos distintos depósitos de regulación e bombeos.

O desenvolvemento territorial e o crecemento da poboación transforman esta fase do ciclo nunha tarefa complexa e esixente que EMALCSA desenvolve de acordo con tres principios:

  • Garantía de subministración aos consumidores finais a través dunha rede de 562 quilómetros de lonxitude.

  • Garantía de calidade da subministración realizando análises tanto nos depósitos como na rede e na propia billa do consumidor.

  • Garantía de mantemento e mellora da rede sempre baixo o enfoque da sustentabilidade e aplicando un ambicioso plan para evitar fugas e perdas que nos levou a presentar unha das mellores ratios entre as empresas xestoras de augas de España.

Usos da auga

A fase máis importante é na que a auga é empregada polo consumidor final nos fogares, en usos industriais, en actividades comerciais, para rego de parques e xardíns...

EMALCSA asume os custos reais de xestión que conleva todo o ciclo e promove o uso racional e responsable en prol dun esforzo de sustentabilidade que debe ser colectivo se queremos seguir dispoñendo de auga con calidade e cantidade suficiente.

EMALCSA conta con máis de 134.000 clientes, o que supón prestar servizo a máis de 391.000 habitantes destes oito municipios.

Poboación abastecida

Concellos abastecidos: A Coruña, Carral, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Sada e Bergondo

31.463

m3x103 consumo área abastecida

13.059

m3x103 consumo concellos limítrofes

391.669

Poboación abastecida

134.228

Total clientes EMALCSA

219

l/hab. día - dotación área abastecida

128

l/hab. día - dotación doméstica A Coruña

Distribución do consumo na área abastecida (agás Concello da Coruña)

Saneamento e depuración

Unha vez utilizada a auga polos consumidores, o último paso para pechar o ciclo da auga é o seu saneamento e depuración.

O uso da auga, por leve que sexa, supón engadirlle contaminantes domésticos ou industriais. A auga contaminada recóllese nas redes de sumidoiros e trasládase ata as plantas de tratamento para depurala e poder devolvela ao mar ou aos ríos unha vez tratada.

Nesta fase, que se atopa baixo a responsabilidade dos concellos usuarios, EMALCSA ten asignadas diversas funcións entre as que están a limpeza da rede de sumidoiros e a xestión integral da Estación Depuradora de Quenllo e San Vicente en Carral. Ademais, participa na propiedade de Edar Bens, SA. Esta empresa pública supramunicipal ten encomendado o servizo de depuración de augas residuais dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.

Os cinco municipios son propietarios de Edar Bens, SA de forma proporcional á súa poboación. Arteixo, Culleredo e Oleiros teñen cada un o 8% do capital social e Cambre o 7%. O 69% restante é propiedade do Concello da Coruña, a través de EMALCSA.

Planta de tratamento

EDAR Bens

  • Poboación atendida: Concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros
  • Poboación equivalente: 600.000 hab-eq.
  • Caudal máximo de entrada: 6.757 l./seg.
  • Caudal máximo de tratamento: 2.274 l./seg.
  • Caudal máxima diaria: 196.474 m3
  • Caudal máxima anual: 71.712.864 m3

Planta depuración

EDAR Quenllo

  • Poboación atendida: Concello de Carral
  • Capacidade máxima diaria: 750 m3
  • Capacidade máxima anual: 273.750 m3

Planta depuración

EDAR San Vicente

  • Poboación atendida: Concellos de Carral e parte de Abegondo
  • Capacidade máxima diaria: 6.744 m3
  • Capacidade máxima anual: 2.461.560 m3