Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Compromiso medioambiental

Compromiso medioambiental

Protexemos o medio para garantir a sustentabilidade dos recursos e o respecto ao noso contorno

EMALCSA aborda o seu compromiso coa protección do medio dende unha perspectiva múltiple:

  • Apostando por unha xestión sustentable do recurso baseada na planificación, a mellora nas conducións, a reutilización de augas depuradas e o investimento en I+D+i.

  • Realizando os labores de mantemento necesarios para previr incidentes e fugas, controlar os elementos contaminantes e garantir o bo estado das redes.

  • Desenvolvendo solucións de intervención rápida ante posibles emerxencias co fin de evitar danos a terceiros, urbanísticos ou ambientais.

  • Fomentando a concienciación e sensibilización dos cidadáns a través de campañas de aforro de auga, boas prácticas medioambientais e visitas ás nosas instalacións, con especial atención aos máis novos a través de actividades divulgativas en colaboración cos centros escolares da área metropolitana.

Certificacións ambientais

O sistema de xestión ambiental permítemos demostrar a eficacia dos procesos aplicados na Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva, o almacén do polígono da Grela e as oficinas centrais da Casa da Auga, nos que se desenvolven as seguintes actividades:

  • O servizo de xestión do Ciclo Integral da Auga (captación, potabilización, tratamento e distribución de augas potables).

  • Mantemento de redes de distribución e saneamento.

  • Análise e control da calidade das augas de consumo humano e naturais.

  • Análise e control da calidade da auga de baño en piscinas de uso colectivo.

  • A xestión de clientes (contratación, lectura de contadores, facturación, cobro e atención ao cliente para o abastecemento de augas).

 

GA-2007-0030

Ver certificado

ES-2007-0030

Ver certificado

 

EMALCSA, consciente da repercusión ambiental das súas actividades, mantén ao día actividades e procesos que garanten a conservación e sustentabilidade do medio.

Compromiso social

Traballamos para a cidade e a área metropolitana, e participamos de xeito activo no seu desenvolvemento social.