Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Nos medios

Nos medios

Entrevista a Jaime Castiñeira en Radio Voz (06/10/17)

En los medios |

O director xeral de Emalcsa estivo no programa Voces de A Coruña, de Radio Voz, para falar da situación do encoro de Cecebre despois da declaración da alerta por seca na conca do río Mero. Castiñeira fixo un chamamento á calma, e lembrou que a presa está aínda 49% da súa capacidade, suficiente para garantir o abastecemento da área metropolitana coruñesa. "Necesitamos que chova, pero aínda temos moita marxe de manobra antes de restrinxir o consumo doméstico e empresarial", engadiu.

Por outra banda, o director xeral de Emalcsa resolveu as dúbidas de varios oíntes que preguntaron por episodios de auga turbia nas súas casas. "A auga da ETAP da Telva sae en perfectas condicións, pero ten materia orgánica inocua que queda adherida ás tubaxes. Cando hidráulicamente se para unha tubaxe e vólvese a arrincar despréndese esa materia. Non ten nada malo, pero dálle esa tonalidade. A través da recentemente creada Cátedra Emalcsa, estamos a estudar o sistema para ver como o podemos mellorar".

Aquí podes escoitar a entrevista completa.