Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa lidera o proxecto de innovación iEcoCity, para a mellora ambiental do comercio local e o conxunto da cidade

Novas |

Emalcsa lidera iEcoCity, un innovador proxecto de mellora ambiental para pemes e para a cidade, xunto cun consorcio de empresas coruñesas. Foi seleccionados entre máis de 120 para recibir financiamento de Fondos Europeos FEDER, a través da convocatoria Conecta-Peme, xestionada pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN). Foi presentado o 27 de xaneiro nas oficinas de Emalcsa, na Casa da Auga.

O proxecto foi impulsado por Emalcsa e as empresas Tecdesoft e Valora. Tamén conta coa colaboración do CITIC e o CETIM, ademais das compañías Sicasoft e Ilux. A súa meta é concienciar ao pequeno comercio da súa capacidade de mellorar no terreo da eficiencia enerxética, axudando a monitorizar o seu gasto de auga, electricidade, gas e outros recursos, para facelo máis sustentable, ao mesmo tempo que o converten nunha vantaxe competitiva para eles e a súa contorna.

iEcoCity arrinca cun orzamento superior ao millón de euros,  e pretende axudar a mellorar a eficiencia enerxética do comercio urbano, a gran empresa invisible. Ao tratarse dun sector disperso e con pouca capacidade investidora, adoita pasar desapercibido nas análises ambientais, pero ten un considerable impacto. A Coruña ten máis de 23.000 negocios en activo, que poden axudar moito na loita contra o cambio climático.

Así, o proxecto baséase no deseño, desenvolvemento e implementación dunha ferramenta para a xestión da pegada de carbono, a pegada hídriga e a relación auga-enerxía en actividades comerciais de contornas urbanas, que achegue información de valor para a toma de decisións en corporacións municipais, pemes e cidadanía. A ferramenta iEcoCity permitirá, a través de cadros de mando:

  • Aos negocios e comercios compararse cos seus homólogos, co fin de coñecer a súa situación no contexto urbano no que se atopa.
  • Aos cidadáns visualizar facilmente o grao de desempeño en sustentabilidade do tecido comercial da súa cidade e a súa evolución temporal, sectorial e espacial.
  • Ser un elemento de conexión entre o goberno municipal e o tecido empresarial, con información en tempo real sobre a situación da cidade, o que permitirá deseñar políticas públicas máis certeiras, para unha rápida e efectiva consecución da mellora en sustentabilidade para toda a cidade.

Este proxecto enmárcase dentro do impulso da economía baixa en carbono e as cidades verdes, e está aliñado coas accións que se desenvolverán desde a nova Oficina Municipal para o Cambio Climático. Ademais a actuación pretende desenvolver un selo específico de ecoinnovacion para aqueles negocios e comercios que participen na actividade, para facer público o seu compromiso co medio ambiente e o benestar.

Presentación na Casa da Auga

Ao acto de presentación, celebrado e 27 de xaneiro, acudiron unha vintena de persoas, representantes de empresas e concellos, que foron recibidas polo director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira.

Estiveron representadas a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN), Valora, Tecdesof, o Grupo Modes-CITIC, CETIM, Ilux,  a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a Deputación da Coruña,  e os concellos de Carballo, Verín, Curtis, O Grove, Betanzos, Cangas, Culleredo, Oleiros, Cambre, Carral, Sada e Ribadumia.

Na súa intervención, Jaime Castiñeira destacou que o desenvolvemento de iEcoCity forma parte do compromiso de Emalcsa coa sustentabilidade, por tratarse dunha empresa pública que vai máis aló das simples tarefas de xestión e subministración. "O uso racional da auga e a enerxía son vectores fundamentais para controlar o cambio climático. Por iso, temos a obriga a definir estratexias que integren obxectivos ambientais con novos modelos de consumo, e as empresas, administracións e cidadanía deben traballar conxuntamente para logralo", engadiu o director xeral de Emalcsa. 

  • Presentación iEcoCity
  • Presentación iEcoCity
  • Presentación iEcoCity
  • Presentación iEcoCity
  • Presentación iEcoCity
  • Presentación iEcoCity
  • Presentación iEcoCity

Últimas novas