Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidade técnica, non recaba ni cede datos de carácter persoal dos usuarios sin o seu coñecemento. Sin embargo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas á de Emalcsa que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a eles.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Aceptar Denegar Configurar
Notas de prensa

Notas de prensa

Esta tarde inaugúrase na Casa da Auga unha mostra de debuxos e fotos da ETAP de Cañás

Notas de prensa |

Esta tarde, ás 20.00 horas, EMALCSA inaugura na Casa da Auga unha mostra de debuxos e fotografías da centenaria Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Cañás, situada en Carral, con traballos dos artistas do grupo Urban Sketchers da Coruña.

Así, nun primeiro momento poderanse ver 16 obras pictóricas e 18 fotografías de autores como Pelayo, Ra, Bea, Nando, Ramón, Amelia, Carmen R., Marité e Carmen V, que pertencen a este colectivo especializado no retrato urbano. Porén, o número de pezas expostas irase ampliando nas vindeiras semanas con novos traballos.

O sábado 18 de xuño, os artistas visitaron as instalacións da ETAP, unha xoia do modernismo construída a finais dos anos 20 do século pasado, e coñeceron o funcionamento da estación, que leva en activo desde 1903 e que aínda hoxe dá servizo ao concello de Carral. Nese percorrido naceron os traballos que xa están expostos na Casa da Auga.