Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Nos medios

Nos medios

Repsol e Estrella suman a metade da auga consumida en usos non domésticos en 2015

Nos medios |

Repsol e Hijos de Rivera suman case a metade do consumo de auga destinada a uso industrial ou a entidades na cidade. As dúas empresas son os mellores clientes de Emalcsa. En 2015 a refinería e as instalacións que a petroleira ten no peirao de San Diego utilizaron dous millóns de metros cúbicos de auga, é dicir, case dous mil millóns de litros.

O complexo de Estrella Galicia do polígono da Grela gastou o ano pasado un millón de metros cúbicos de auga, que equivale a mil millóns de litros, a metade que Repsol. Os grandes consumidores da Coruña -industrias, hoteis, hospitais e complexos deportivos con piscinas- incrementaron en 2015 a súa demanda de auga. En 2014 xa aumentaron o gasto un 4,3%% respecto de 2013, un repunte que o Concello relacionou entón coa mellora da economía na cidade. En 2015 a subida foi dun 2,7% respecto de 2014.

La Opinión 18-04-2016