
Reparación dunha tubaxe en Culleredo
Para minimizar as molestias redirixiuse o abastecemento por conducións secundarias que evitarán o corte de auga, pero poderían rexistrarse episodios de turbidez
Noticias |
O pasado venres 4 de marzo tivo lugar o acto de entrega de premios do III Certame de Debuxo da Natureza "Vida silvestre do encoro de Cecebre": o encoro que nunca dorme, iniciativa desenvolvida polo Grupo Naturalista Hábitat da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (EMALCSA).
No acto, celebrado nas instalacións da sala de exposicións que ten EMALCSA na planta baixa da Casa del Agua, estiveron presentes a concelleira de Medio Ambente, María García; o presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Joaé Antonio Santiso; o director de I+D+i de EMACLSA, Ricardo Vázquez; y e o presidente do Grupo Naturalista Hábitat, Santiago Vázquez.
A velada incluiu a entrega dos agasallos e diplomas correspondentes, previstos nas bases reguladoras do certame, a todos os gañadores recoñecidos nesta convocatoria.
Neste III certame de debuxo participaron 107 persoas de idades comprendidas entre os 3 e os 60 anos, en dúas categorías: menores e maiores de 14 anos. Das 170 obras presentadas a concurso, 24 forman parte do calendario 2016 do Grupo Naturalista Hábitat. A exposición pública das 170 obras de nenos e maiores achegadas nesta convocatoria fica aberta durante todo o mes de marzo.