Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

EMALCSA alerta de estafadores que actúan no seu nome

Noticias |

A Empresa Municipal Aguas de La Coruña (EMALCSA) advirte de que nas últimas horas detectou e puxo en coñecemento das autoridades varios casos de intentos de estafa por parte de falsos operarios que se presentan nos fogares dicindo pertencer á compañía.

Segundo as testemuñas referidas por algunha das vítimas, estes delincuentes acceden ás casas mostrando algún documento co que se identifican como traballadores da empresa de abastecemento. Unha vez accederon ás vivendas, ofrecen aos titulares un suposto contrato “especial” para persoas maiores e pensionistas con pretendidas vantaxes económicas. Nalgún caso chegaron a exhibir facturas que supostamente subtraeran da propia caixa de correos e mesmo manipularan para incrementar a súa contía.

Os estafadores poñen especial énfase en cobrar en man e en efectivo a devandita factura, chegando mesmo a ameazar aos clientes con cortar a subministración se non acceden ás súas pretensións.

EMALCSA reitera que baixo ningún concepto os seus empregados solicitan nin aceptan pagos en efectivo para ningún dos seus servizos, polo que insta a todos os seus clientes a extremar as precaucións, a desconfiar ante calquera suposta oferta vantaxosa, a comunicar calquera movemento neste sentido e, sobre todo, a negarse a abonar en man ou por calquera outro método en efectivo cantidade algunha a ninguén que a reclame. Insistimos: ningún empregado autorizado de EMALCSA reclama nin acepta pagos en efectivo.

A empresa, que xa puxo os feitos en coñecemento das autoridades e ofreceu todo o seu apoio ás vítimas, pon a disposición o teléfono de atención permanente 981 24 23 22 para aclarar calquera dúbida ou asesorar ante calquera incidencia a este respecto.

Últimas noticias