Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

O presidente de EMALCSA visita a Estación Depuradora da Telva

Noticias |

O alcalde da Coruña, e presidente da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro, realizou o pasado martes 19 de xaneiro unha visita ás instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva.

Durante preto de hora e media, Ferreiro percorreu as instalacións da planta, acompañado polo director xeral da empresa, Jaime Castiñeira, e un grupo de técnicos e directivos da compañía. O presidente da empresa municipal tivo a oportunidade de charlar e saudar a traballadores de distintos departamentos, así como a alumnos do CIFP de Someso, que nese momento tamén visitaban as dependencias, dentro do programa de visitas guiadas que se desenvolve en colaboración coa concellería de Medioambiente.

O presidente de EMALCSA mostrou interese polos proxectos de futuro da empresa, entre os que se atopa a implantación dun sistema integral de xestión, importantes melloras en eficiencia enerxética e novas iniciativas en materia de calidade. A visita ao laboratorio suscitou o interese do alcalde, quen coñeceu de primeira man as necesidades deste departamento e manifestou o seu apoio ao proxecto de ampliación e mellora das súas instalacións.

Nunha xornada fría pero sen choiva, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer con detalle todo o proceso de potabilización da auga, desde a súa captación directa do río Mero ata o tratamento dos lodos antes de devolver o excedente de novo á canle, unha vez tratados. O presidente mostrou interese por todo o ciclo e detívose tamén nas dependencias da Planta I, que datan de 1941 e que actualmente funcionan a pleno rendemento como complemento ás Plantas II e III, e ás de Cañás, inauguradas en 1915.

Xulio Ferreiro cualificou a visita de "moi interesante e didáctica" e comprometeuse a continuar coñecendo as instalacións de EMALCSA nun vindeiro encontro no que coñecerá os detalles do encoro de Cecebre, a súa xestión, o seu funcionamento e as súas expectativas como futuro elemento de cohesión metropolitana.

  • El alclade, durante la visita

Últimas noticias