Certificacións Enerxía e Riscos Empresariais
- Certificación da Enerxía
O sistema de xestión é o marco de referencia para a incorporación de diferentes sistemáticas de actuación asociados aos obxectivos da organización e ten como finalidade a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, o custo enerxético e outros impactos ambientais.
O sistema está desenvolvido de acordo coa norma internacional ISO 50.001 e está integrado cos sistemas de xestión da Calidade, Medio Ambiente e Riscos Empresariais.
GE-2016/0002
O Sistema de Xestión da Enerxía implica unha xestión eficiente e sustentable achegando un maior nivel de información entre os produtores e os consumidores, mellorando a calidade do servizo.
Xoga un papel crave no desenvolvemento tecnolóxico das chamadas smart grids ou redes intelixentes, permitindo en tempo real coñecer os controis do proceso e facilitar información aos usuarios.
Permite a xestión da información no ámbito dos servizos públicos, compartindo e xestionando as actividades de maneira transversal, obtendo sinerxias que repercuten na mellora do servizo ao cidadán cun uso eficiente dos recursos.
- Certificación Riscos Empresariais
O sistema de xestión é o marco de referencia para a incorporación de diferentes sistemáticas de actuación asociados aos obxectivos da organización e ten como finalidade a contribución á redución do nivel do risco empresarial en todos os nosos procesos e localizacións, incluíndo as infraestruturas estratéxicas.
O sistema está desenvolvido de acordo coa norma internacional ISO 31.000, Especificación EA31 e está integrado cos sistemas de xestión da Calidade, Medio Ambiente e Enerxía.
GR-0001/2016
O Sistema de Xestión de Riscos Empresariais implica unha xestión eficiente das fontes dos riscos globais, de negocio, financeiros e operativos cun claro enfoque orientado cara á análise dos procesos.
Permite a xestión de situacións de crises, emerxencia ou o desenvolvemento dos plans de recuperación da actividade incluído o ámbito tecnolóxico.
EMALCSA, consciente da importancia en manter o criterio de eficacia e eficiencia en todos os procesos produtivos e servizos prestados, asume o compromiso e aplicación de cada un dos principios establecidos nas normas internacionais de referencia.
Poñemos a súa disposición os mecanismos de coordinación asignados por EMALCSA, para que poida levar a cabo a coordinación de actividades empresariais en centros alleos / coordinación de seguridade e saúde con EMALCSA, e recibir a información en relación aos riscos, medidas preventivas e actuacións en caso de emerxencia derivados da actividade desenvolvida polos nosos empregados.