Os nosos proxectos. Responsabilidade Social Empresarial
A elaboración da memoria de sustentabilidade comprende a medición, divulgación e rendición de contas fronte a grupos de interese internos e externos en relación co desempeño da organización con respecto ao obxectivo do desenvolvemento sustentable.
A información relativa ao impacto económico, ambiental e social dos nosos procesos, proporciona unha imaxe equilibrada e razoable do desempeño en materia de sustentabilidade, cuxos resultados do exercicio atenden aos compromisos, estratexia e enfoque directivo adoptado polos órganos de goberno da organización.
Por todo iso, a Memoria de Sustentabilidade definiu o seu contido co fin de garantir a calidade da información facilitada, incluíndo os indicadores de desempeño cunha serie de pautas sobre aspectos técnicos relacionados cos nosos procesos.