Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Melloras por importe total de 350.000 euros na Grela

Noticias |

Dentro das obras de renovación de tubaxes que se desenvolven regularmente para manter e mellorar o servizo iniciáronse unhas actuacións nas rúas Juan de la Cierva e Torres Quevedo, no polígono da Grela, e na rúa Mosteiro de Caaveiro, na zona do Ventorrillo.

Os traballos consisten na substitución dun total de 1.240 metros lineais de tubaxe de 100 milímetros de diámetro e outros 150 metros de condución de 200 milímetros de diámetro. As novas tubaxes son de fundición dúctil, material moito máis fiable, resistente e duradeiro que o fibrocemento dos actuais canos. A actuación inclúe ademais a renovación completa de todo o sistema de válvulas e acometidas. Con este investimento, que ascende a 350.000 euros, garántese para a zona unha subministración con caudal dabondo e sen interrupcións para os vindeiros anos.

Nas vindeiras semanas será necesario facer varios cortes do servizo, dos que se informará oportunamente e coa suficiente antelación.

Últimas noticias