Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

"Xubílase" parte da primeira rede de distribución

Noticias |

Tras máis de 110 anos de servizo, este luns foron retiradas parte das tubaxes orixinais sobrevivintes da primeira condución que tivo a cidade. As conducións, que cumpriron coa función para a que foron instaladas entre os anos 1903 e 1909, foron substituídas por un nó de condutos de 200 milímetros que garante o servizo nas rúas Riego de Agua, Real, Agar e Bailén.

A construción daquela primeira condución, popularmente coñecida como "La Traída", converteuse no obxectivo prioritario da empresa municipal Aguas de La Coruña desde a súa fundación, o 9 de marzo de 1903. A instalación dos primeiros contadores, en 1909, culminaba un proceso que cambiou definitivamente a vida e o benestar dos coruñeses.

A substitución do tendido espertou a curiosidade de centos de veciños que se detiveron uns instantes para contemplar os traballos. Foi unha mañá cun oco para os recordos, que foron desde quen aínda lembraban as primeiras oficinas de Aguas de La Coruña, na rúa Torreiro, ata a sorpresa dos máis novos, a quen lles custaba crer que hai 115 anos A Coruña non tivese auga corrente.

A renovación das canalizacións continuará nos próximos días mediante actuacións que se irán comunicando oportunamente.

Últimas noticias