
Reparación dunha tubaxe en Culleredo
Para minimizar as molestias redirixiuse o abastecemento por conducións secundarias que evitarán o corte de auga, pero poderían rexistrarse episodios de turbidez
Noticias |
Tras unha operación coordinada e executada nun tempo inferior ao previsto, os barrios coruñeses de Eirís e O Castrillón estrearon esta mañá unha serie de melloras na rede que garanten a calidade e a fiabilidade na subministración para os próximos anos.
As intervencións realizadas este xoves 6 de agosto consistiron, por unha banda, na instalación dun caudalímetro telexestionado na base do depósito elevado de Eirís, e que se incorpora á rede de sensores de última tecnoloxía implantados en puntos estratéxicos. Este avance en innovación permitirá unha lectura polo miúdo, constante e extremadamente fiable do estado da auga en cada punto da cidade en tempo real.
A outra mellora implantada foi a conexión de 280 metros de conducións de fundición que sustitúen a outros tantos de canalización de fibrocemento. Con este tramo, que corresponde ás rúas Oza dos Ríos, Abegondo e Castrillón, complétase a modernización de todo o trazado que abastece ao barrio e redúcese ao mínimo o risco de roturas a curto prazo. EMALCSA investiu nesta actuación 150.000 euros.
Ambas as dúas operacións, executadas de forma simultánea, quedaron rematadas antes do tempo previsto, co que a media mañá se daba por restablecido o servizo os ao redor de 6.500 afectados polo corte programado.
A empresa quere agradecer aos seus clientes a comprensión e a paciencia con que sempre aceptan as molestias derivadas deste tipo de traballos e prega desculpas polos posibles fallos que se puidesen cometer.