Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emendada unha avaría na rede principal de abastecemento

Noticias |

Tras algo máis de once horas de traballo intensivo, pasados uns minutos das 2.00 horas desta madrugada ficou resolta a incidencia que obrigou a substituír catro metros de condución no lugar da Corveira.

Tras recibir o aviso da fuga de auga nunha zona de pronunciada pendente, os operarios de EMALSCA localizaron e acoutaron o treito de tubaxe afectado e tomaron as medidas necesarias para acometer a reparación, sen que en ningún momento fose necesaria a interrupción da subministración.

De inmediato comezou a reposición do tramo de condución afectado, ao tempo que os traballadores da empresa municipal poñían en funcionamento as bombas de achique para mitigar a inundación dos baixos e os sotos alagados pola riada. A operación culminou de madrugada coa reposición do servizo e as pertinentes manobras de renganche da rede.

A pesares de que ao longo de toda a madrugada foise recuperando a normalidade e a que en ningún momento foi necesario adoptar medidas excepcionais con respecto ao consumo, non se desbota que durante as vindeiras horas prodúzanse algúns episodios puntuais de auga turbia en diferentes puntos da rede, que en calquera caso irán remitindo co paso das horas.

Para atender a estas ou calquera outras incidencias, EMALCSA mantén activo o seu teléfono permanente de atención ao cliente, 981 24 23 22.

Últimas noticias