
Reparación dunha tubaxe en Culleredo
Para minimizar as molestias redirixiuse o abastecemento por conducións secundarias que evitarán o corte de auga, pero poderían rexistrarse episodios de turbidez
Noticias |
O encoro de Cecebre, cunha ocupación do 76% a finais do mes de xullo, dispón de reservas dabondo como para atender ás necesidades da Coruña e a súa bisbarra, aínda no hipotético e pouco probable caso de que non se producisen máis precipitacións no que resta de ano.
A pesares de que as escasas chuvias deste verán influíron na mingua do caudal dos dous ríos que abastecen o pantano -o Barcés e o Mero- a recente asunción da xestión da presa por parte de EMALCSA serviu, entre outras melloras, para axustar aínda máis o volume da auga reservada ás necesidades da poboación.
En calquera caso, a Empresa Municipal Aguas de La Coruña dispón a día de hoxe dun recurso de emerxencia por se se dese unha situación excepcional de desabastecemento por calquera motivo, incluída a seca. A captación de augas do estanque artificial de Meirama, que no prazo de tres anos permitirá un avance cualitativo e cuantitivo na xestión do recurso, está xa nunha fase que en caso de necesidade permitiría abastecer a Cecebre por medio de bombeos provisionais.
Malia esta situación de privilexio con respecto a outros núcleos de poboación de Galicia e de España, EMALCSA fai un chamamento ao consumo responsable e ao respecto polo Medio Ambiente. A auga é un recurso limitado e é tarefa de todos seguir gozando do privilexio de dispoñer dunha subministración de calidade excepcional en cada fogar e a un prezo competitivo e razoable.