Notas de prensa |
Dúas obras simultáneas de mellora na rede de abastecemento obrigan a efectuar mañá xoves, día 6, un corte na subministración de auga ás zonas de Eirís e O Castrillón. O servizo interromperase ás 9.00 horas e está previsto que quede restablecido antes das 13.00 horas.
O corte programado afectará a preto de 6.500 usuarios, comprendidos na área delimitada polas seguintes rúas e lugares:
O motivo deste corte é unha dobre operación na que está previsto instalar un caudalímetro telexestionado na base do depósito elevado de Eirís e ao tempo conectarase o novo tramo de 280 metros de canalización de fundición que substitúe o antigo, de fibrocemento. Con estas dúas intervencións mellórase o servizo e auméntanse os índices de fiabilidade da rede nunha das zonas máis altas e máis poboadas da cidade.
EMALCSA lembra que durante toda a manobra a rede se considera en uso, polo que recomenda asegurarse de que as billas fican pechadas e manter as precaucións oportunas. Igualmente, a empresa advirte de que tras a finalización do corte poden producirse episodios puntuais de turbidez, que en calquera caso irán desaparecendo ao longo da xornada e que non afectan á potabilidad da auga, en todo momento apta para o consumo.
Para calquera dúbida, aclaración ou incidencia, permanece activo o teléfono 24 horas 981 24 23 22.