Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Á venda "El agua en A Coruña. Fuentes, estanques y lavaderos"

Noticias |

Xa está á venda o libro "El agua en A Coruña. Fuentes, estanques y lavaderos", primeiro da Colección Estudios Emalcsa, e do que son autores José Manuel Fernández Caamaño e Ricardo Vázquez Pérez.

Os propios autores definen o seu traballo como un intento de "ser unha guía para coñecer de primeira man os lugares e incidencias que marcaron a orixe, desenvolvemento, e decadencia de toda unha cultura da auga que foi substituída por unha nova, máis práctica e útil aos cidadáns".

En efecto, este volume traslada a quen se entregue á súa lectura a un tempo no que as fontes eran a clave do abastecemento de auga, á vez que se convertían un punto de encontro da sociedade coruñesa. Era, sempre cun cántaro como testemuña, a ocasión de intercambiar experiencias, compartir proxectos e confesar desexos.

O traballo realiza un minucioso percorrido por 131 fontes, das que 48 desapareceron. Moitas delas mantéñense, aínda que non xa como foron concibidas, senón cun uso ou nunha situación diferente á orixinal. Hai contabilizadas tamén 328 fontes de beber, que figuran no inventario municipal. A obra complétase cun aceno aos estanques, lavadoiros, pozos e casas de baños que forman ou formaron parte do devir histórico da cidade.

O texto do historiador José Manuel Fernández Caamaño e do enxeñeiro Ricardo Vázquez Pérez, director de Innovación e Desenvolvemento de EMALCSA, acompáñase cunha ampla selección das 372 fotografías que concorreron ao concurso que EMLACSA convocou no seu día para o efecto.

A gañadora do devandito concurso foi María Jove Moreno, cunha sorprendente imaxe da Fonte do Desexo tomada cun teléfono móbil.

O libro "El agua en A Coruña. Fuentes, estanques y lavaderos" pode ser adquirido en formato electrónico en Amazon, iTunes, Nubico, Casa del Libro ou Fnac por un prezo de 9 euros, dos que tres se destinarán á Cocina Económica.

Tamén se pode adquirir en papel en:

A CORUÑA

  • Librería Arenas
  • Librería Lume
  • Librerías Couceiro
  • Librería Cascanueces
  • Livraría Suévia
  • Librería Azeta
  • Librería Carballido
  • Librería Ciudad Escolar

 SANTIAGO

  • Librería Escolma
  • Librería Couceiro
  • Librería Pedreira
  • Librería Encontros
  • Gallaecia Liber
  • Librería Follas Novas

 VIGO

  • Librería Librouro
  • Librería Cartabón
  • Versus Librería
  • Librería Mendinho
FERROL
  • Central Librera

 SADA

  • Galería de Sargadelos

 BETANZOS

  • Librería Biblos

 ARTEIXO

  • Librería A Lus do Candil

 POBRA DO CARAMIÑAL

  • Ler Librerías

LUGO

  • Librería Trama

 PONTEVEDRA

  • Librería Cronopios

 

Últimas noticias