Notas de prensa |
Ao longo do luns 27 de xullo os servizos técnicos de EMALCSA realizarán unha manobra na rede principal de distribución co fin de poñer en servizo os novos dispositivos de automatización, de control e de seguridade implantados nos últimos meses no sistema de abastecemento. Trátase dun conxunto de elementos de última tecnoloxía pensados para reforzar as garantías de calidade que a empresa mantén cos seus usuarios.
Como consecuencia deste operativo, deseñado para que cause as menos molestias posibles aos veciños da cidade, cabe a posibilidade de que nalgún momento e de modo illado se aprecie certa turbidez na auga subministrada, derivada dos cambios de dirección e presión nas canalizacións. En calquera caso serán incidencias puntuais e que irán remitindo de xeito natural en cuestión de minutos.
Para resolver dúbidas ou comunicar calquera incidencia que se produza no servizo está a disposición dos usuarios o teléfono permanente de Atención ao Público 981 242 322.