En los medios |
O director xeral de EMALCSA, Jaime Castiñeira, foi entrevistado esta mañá no programa de radio 'La Mañana', da Cope, con motivo do Día Internacional da Auga, que se celebrou este domingo 22 de marzo. O responsable de EMALCSA destacou a importancia das boas prácticas ambientais no uso deste recurso básico. "Todos aprendimos moito dende hai uns anos. Na nosa área de influencia baixou o consumo uns 15 litros por persoa ao día, que é bastante. A todos nos fai falta seguir aprendendo sobre como consumir a auga, pero penso que a xente está xa concienciada", explicou Jaime Castiñeira.