Emalcsa publica nota informativa coa listaxe definitiva das persoas que superaron a proba práctica correspondente á fase de oposición da convocatoria externa para a provisión dunha praza indefinida de controller ao servizo da Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.A. e creación dunha bolsa de contratación.
Así mesmo, na nota informativa infórmase da apertura do prazo de 7 días naturais (do 2 ao 8 de agosto de 2022, ambas datas inclusive) para a presentación da documentación requirida para a fase de concurso.
A documentación deberá enviarse por correo electrónico á seguinte dirección de correo: convocatoriasempleo@emalcsa.es
A documentación de méritos presentada noutro prazo ou medio diferente ao indicado non se terá en conta para todos os efectos.
Calquier dúbida ou aclaración en relación có proceso deberá enviarse ao correo convocatoriasempleo@emalcsa.es