
Reparación dunha tubaxe en Monelos
Para reducir as molestias á veciñanza, realizouse un cambio na configuración do sistema de abastecemento.
Noticias |
A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) detectou unha rotura nunha tubaxe en Culleredo. En concreto, o incidente produciuse nas inmediacións da Universidade Laboral. O persoal técnico da compañía xa está traballando para arranxar a condución á maior brevidade posible.
Para reducir molestias á veciñanza, o persoal técnico realizou un cambio na configuración do sistema de abastecemento. É dicir, redirixiu a auga por outras conducións secundarias, o que evita as interrupcións na subministración, pero non se descartan episodios de turbidez na zona.