Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidade técnica, non recaba ni cede datos de carácter persoal dos usuarios sin o seu coñecemento. Sin embargo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas á de Emalcsa que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a eles.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Aceptar Denegar Configurar
Sala de prensa

Sala de prensa

O alumnado do ciclo de FP Dual en Xestión de Auga inicia prácticas remuneradas en Emalcsa

Noticias |

O alumnado que está cursando este ano o ciclo de FP Dual en Xestión de Sistemas de Auga Urbana, promovido polo Concello a través de Emalcsa e o CIFP Universidade Laboral de Culleredo, realizan desde hai unhas semanas prácticas na empresa pública coruñesa.  

Tras desenvolver a parte teórica entre os meses de setembro de 2021 e marzo de 2022 na institución do municipio veciño, o alumnado incorporouse en abril como traballadores en prácticas cun contrato remunerado en Emalcsa. Dividiranse en grupos que irán rotando ata agosto por diferentes departamentos da empresa ata completar a súa formación.  

 

Este pasado luns 13 de xuño realizouse a segunda das rotacións, quedando os tres grupos actuais distribuídos no Departamento de producción (ETAP A Telva), a cargo de Román Maceiras; na Rede de Distribución (instalacións de Agrela), a cargo de Adrián López e Javier Torrado e na sección de Almacén (en Agrela), a cargo de Luis Gómez.  

Previa incorporación ao seu novo destino, as persoas participantes neste ciclo FP Dual de Emalcsa mantiveron unha xuntanza para avaliar as prácticas realizadas ata o momento e analizar aqueles aspectos susceptibles de mellora. Consultáronse tamén posibles melloras nos contidos teóricos ofrecidos neste curso de cara a mellorar e reforzar esta experiencia lectiva. 

 

Ciclo de FP Dual de Emalcsa  

O ciclo FP Dual de Xestión de Sistemas de Auga Urbana é o primeiro destas características que se realiza en Galicia e este é o primeiro ano que se leva a cabo. Trátase dun ciclo de FP Dual posto en marcha no Centro de Formación profesional de Culleredo. A implicación do Concello a través de Emalcsa nesta iniciativa é dobre: por unha banda coa realización das prácticas laborais a través de bolsas FUAC, e, por outra, coa colaboración dos profesionais de Emalcsa co centro e os seus profesores á hora de definir os contidos do curso, as materias e incluso a preparación das aulas. 

Últimas noticias

Completado o primeiro ciclo da FP DUAL de Técnico Superior en Xestión de Auga +

Completado o primeiro ciclo da FP DUAL de Técnico Superior en Xestión de Auga

O pasado 11 de agosto as instalacións de EMALCSA acolleron o último seminario técnico enmarcado no período de prácticas do alumnado que cursou o ciclo de FP DUAL de Técnico Superior en Xestión de Auga no CEIP Universidade Laboral de Culleredo. Esta formación, pioneira en Galicia, foi unha aposta de EMALCSA para mellorar a oferta educativa nun sector con moita demanda e con escasa oferta en España.

 

O seminario, relacionado coa análise dun proceso de contratación público vinculado a unha concesión de servizo de auga dun concello, foi o derradeiro dentro dun compendio de actividades que se levaron a cabo durante os dous anos de duración do ciclo e no que colaboraron empresas privadas e entidades públicas como a Universidade de A Coruña, colaborando con esta última a Cátedra EMALCSA-UDC para a coordinación de diversas iniciativas.

 

Durante estes dous anos o alumnado desenvolveu a súa formación teórica no centro escolar e as prácticas en EMALCSA. Así, durante dous períodos de seis meses levaron a cabo actividades en todos os departamentos da empresa para coñecer, de primeira man, o funcionamento de todo o proceso de xestión da auga.

 

No primeiro ano do curso, nove estudantes estiveron no almacén de EMALCSA, no departamento de redes de distribución da compañía de augas, na ETAP da Telva e tamén na área de Instalacións Interiores. Neste último caso aprenderon sobre a problemática das novas subministracións así como da normativa técnica relacionada coas instalacións de contadores e reformas.

 

No segundo ano os sete alumnos que continuaron coa formación pasaron dúas semanas en Atención ao Público, coñeceron os procesos de xestión e regulación da lectura dos contadores, participaron na área de Facturación e Cobro e na de Administración e Contabilidade, aprenderon sobre mantemento electromecánico, sistemas de monitorización ou control de calidade e tamén desenvolveron parte da súa formación no departamento de I+D+i.

 

Seminarios, viaxes, encontros dixitais, visitas ou colaboración con outras entidades públicas e privadas son algunhas das actividades e proxectos que complementaron este ciclo de  FP DUAL de Técnico Superior en Xestión de Auga.

Cástor Eduardo Maduro, galardoado na 3ª edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC +

Cástor Eduardo Maduro, galardoado na 3ª edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC

A Sala de Prensa do Paraninfo Universidade da Coruñ acolleu hoxe a terceira edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC, cuxo obxectivo é recoñecer o mellor Traballo Fin de Máster de temática relacionada cos sistemas de auga urbana elaborado por estudantes e graduados da UDC no curso académico 2021-2022.

No acto estiveron presentes a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o vicerreitor da UDC, Salvador Naya; o director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira; e o director da Cátedra Emalcsa-UDC, Moisés Canle.

Nesta ocasión, entregouse un recoñecemento a Cástor Eduardo Maduro, estudante do Máster Universitario en Enxeñería da Auga, polo seu traballo ‘Development and Field Testing of a Metal Membrane Passive Sampler for the Determination of Organic Contaminants in Surface and Wastewaters’.

O xurado coincidiu en que con esta investigación desenvolveu unha excelente análise dunha solución con potencial para realizar mostras pasivas de contaminantes orgánicos con vistas á protección das masas de auga.

Así mesmo, tamén se outorgou un accésit ao estudante do Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica, Carlos Leira Castro, polo seu traballo ‘Integración de sensores con distintas tecnoloxías de comunicación IoT para a maqueta Medusa’.

O proxecto foi valorado positivamente polo xurado ao propoñer unha solución con capacidade para simular situacións que se poidan dar na rede de distribución de Emalcsa e detectar potenciais problemas.

Nos vindeiros días anunciarase a convocatoria da cuarta edición destes premios.

EMALCSA repara de forma urxente a rotura dunha tubaxe na Avenida da Pasaxe +

EMALCSA repara de forma urxente a rotura dunha tubaxe na Avenida da Pasaxe

 

EMALCSA tivo que intervir de urxencia na mañá de hoxe, 10 de xullo, tras recibir o aviso dunha rotura nunha tubaxe na Avenida da Pasaxe. A incidencia produciuse debido a unhas obras alleas á Empresa Municipal de Augas de A Coruña nunha urbanización en Alfonso Molina.

Técnicos da compañía desprazáronse ata o lugar dos feitos tras ser notificados da incidencia, ao redor das 10:15 horas, procedendo de inmediato a illar o tramo afectado con válvulas de seccionamento correspondente.

Desde EMALCSA estase a traballar para poder restablecer a subministración de auga no edificio situado na rúa Luis Pita, á altura da rotonda con Alfonso Molina. No mesmo, e debido á rotura, víronse afectados algúns garaxes e trasteiros, situación que está sendo xestionada pola empresa causante da incidencia.

Como consecuencia das obras realizadas na xornada de hoxe para poder seguir mantendo o servizo de subministración poderían darse episodios de turbidez da auga durante os vindeiros días.

 

EMALCSA participa na simulación dunha activación das sirenas de aviso á poboación na presa de Cecebre +

EMALCSA participa na simulación dunha activación das sirenas de aviso á poboación na presa de Cecebre

EMALCSA participou na mañá de hoxe na simulación dunha rotura na presa de Cecebre, simulacro organizado pola Xunta para comprobar o funcionamento das sirenas de aviso á poboación adscritas a 39 presas con Plan de Emerxencia.

Para esta iniciativa posta en marcha durante este xoves e venres, a entidade autonómica contou coa colaboración dos titulares das infraestruturas. Na proba de hoxe, ademais de persoal propio de EMALCSA, participaou persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Augas de Galicia, así como de Protección Civil de Cambre.

Os principais obxectivos destes actos foron revisar as propias sereas, garantir a súa operatividade e que a poboación da zona recoñeza o son en caso de situación de  emerxencia.

En Galicia hai actualmente 45 plans de emerxencia de presa aprobados. Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación, como aos organismos xestores de Emerxencias.