
O alumnado do ciclo de FP Dual en Xestión de Auga inicia prácticas remuneradas en Emalcsa
As persoas participantes nesta iniciativa pioneira en Galicia pasarán polos diferentes departamentos da empresa pública da auga da cidade
Noticias |
Álvaro Michelena Grandío e Francisco Javier Ayala Esmorís recibiron, esta mañá, os galardóns que os acreditan como gañadores da segunda edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC. O Paraninfo da Universidade da Coruña acolleu o acto de entrega dos galardóns, que contou coa presenza do reitor da UDC, Julio Abalde, da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, do director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira, do director da Cátedra Emalcsa-UDC, Moisés Canle, e do director de I+D+i da Cátedra, Ricardo Vázquez. Ademais dos galardóns das categorías Traballos de Fin de Máster e Fin de Grao, na cita entregouse a mención especial outorgada polo tribunal, que recaeu nas mans de Paula Calviño Suárez, María Jácome Iglesias e Alba Otero Dacal polo seu traballo Efecto caracola.
O obxectivo destes premios é fomentar o coñecemento e a reflexión sobre diferentes aspectos da xestión sostible da auga na comunidade universitaria e, en concreto, entre o estudantado que finaliza a súa etapa de formación. Ante a acollida nas dúas primeiras edicións dos premios, anunciouse xa o lanzamento dunha nova convocatoria.
O xurado desta convocatoria seleccionou as tres propostas porque reflicten a “interdisciplinariedade do traballo no ámbito dos sistemas de auga urbana e poñen de manifesto a enorme amplitude que presenta este campo desde o punto de vista da investigación e o desenvolvemento”. A maiores, o tribunal puxo en valor “a rigorosidade do traballo desenvolvido polos diversos autores baixo a supervisión dos seus titores, achegando tanto traballos cunha gran calidade técnica e metodolóxica, como orixinalidade na aproximación aos problemas”.
A relación de persoas gañadoras é a seguinte:
Neste caso, o xurado destacou a “excelente análise que realiza dunha solución con capacidade para simplificar as tarefas de identificación e control de niveis líquidos, permitindo detectar anomalías en tempo real: fallos en sensores, fugas, etc.”
Os membros do tribunal valoraron o “rigoroso e pormenorizado estudo dos efectos tóxicos sobre o fitoplancto dos contaminantes emerxentes e dos seus produtos de degradación”.
O xurado enxalzou a proposta “pola súa creatividade e polo seu potencial divulgativo”.
Tras a entrega de premios, os estudantes galardoados tiveron ocasión de realizar unha pequena exposición sobre os seus traballos ao público asistente.