Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Notas de prensa

Notas de prensa

Últimas noticias

Últimos días para inscribirse nos programas formativos de Emalcsa para este curso 2022-2023 +

Últimos días para inscribirse nos programas formativos de Emalcsa para este curso 2022-2023

O vindeiro luns, 31 de outubro, remata o prazo de inscrición para participar nos programas formativos ofertados por Emalcsa aos colexios co obxectivo de ensinarlle aos nenos e nenas a importancia da auga desde unha visión integrada co medio ambiente e a sociedade.

A programación vai dirixida aos centros educativos da cidade de A Coruña e a súa área metropolitana (Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada), que forma parte do sistema que se abastece desde Cecebre.

Nesta ocasión son tres as propostas que se ofertan dentro do ámbito das ciencias, a tecnoloxía e artes plásticas:

  • Debuxando a natureza
  • A auga nun minuto
  • A auga non para

Poderá participar o alumnado desde infantil ata secundaria, dependendo de cada proxecto, e as inscricións deberán realizarse a través do correo electrónico  divulgación@emalcsa.es ou chamando ao 689 637 627.

Os requisitos e bases de participación publicaranse proximamente na nosa páxina web.

Emalcsa presenta os programas formativos para este curso 2022-2023 coa auga como protagonista +

Emalcsa presenta os programas formativos para este curso 2022-2023 coa auga como protagonista

Un ano máis, e superando xa a década, Emalcsa volve presentar os seus programas formativos para o curso 2022-2023 co obxectivo de ensinarlle aos nenos e nenas a importancia da auga desde unha visión integrada co medio ambiente e a sociedade.

A programación vai dirixida aos centros educativos da cidade de A Coruña e a súa área metropolitana (Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada), que forma parte do sistema que se abastece desde Cecebre.

Nesta ocasión son tres as propostas que se ofertan aos colexios dentro do ámbito das ciencias, a tecnoloxía e artes plásticas:

  • Debuxando a natureza
  • A auga nun minuto
  • A auga non para

Poderá participar o alumnado desde infantil ata secundaria, dependendo de cada proxecto. O prazo de inscrición remata o próximo luns, 31 de outubro, e a implementación das actividades desenvolverase durante todo o curso escolar.

Os participantes poden inscribirse a través do correo electrónico  divulgación@emalcsa.es ou chamando ao 689 637 627.

Os requisitos e bases de participación publicaranse proximamente na nosa páxina web.

 

CATEGORÍAS E PREMIOS

Debuxando a natureza

A través deste concurso, no que Emalcsa colabora co Grupo Naturalista Hábitat, preténdese que as persoas participantes coñezan a flora e fauna existentes no espazo protexido de Cecebre e as concas dos ríos Mero e Barcés.

Cada clase participante terá que realizar un mural onde estean presentes as especies animais e vexetais (Emalcsa enviará un listado das mesmas) e remitir unha fotografía do mesmo. Hai dúas categorías: educación primaria e secundaria.

Premios: as gañadoras e gañadores desfrutarán dunha excursión guiada ao encoro de Cecebre ademais dun agasallo para cada membro.

A data límite de entrega da fotografía dos murais é o 31 de marzo de 2023.

 

A auga nun minuto

Este proxecto nace con motivo do Día Mundial da Agua, que se celebra o 22 de marzo. Utilizando o lema das Nacións Unidas para conmemorar esta xornada, as persoas participantes deberán gravar unha peza audiovisual sinxela sobre a temática en cuestión abordada desde calquera perspectiva: educativa, música, artística, etc.

Hai dúas categorías: educación infantil e primaria, por unha banda, e secundaria por outra.

Premios: as gañadoras e gañadores recibirán unha cámara de vídeo e un regalo para cada participante.

A data estimada de lanzamento do lema da ONU 2023 é o mes de xaneiro e os vídeos deberán entregarse antes do 31 de marzo.

 

A auga non para

Este concurso de preguntas e respostas, impulsado por Emalcsa e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo, ten por obxectivo dar a coñecer a procedencia da auga que se consume na cidade de A Coruña e arredores: o seu percorrido, os procesos polos que pasa, etc.

O proxecto desenvolverase a través da implementación da actividade ‘O xogo da gota’, que contempla unha participación online e presencial cun obradoiro previo realizado na propia aula do centro da man dun técnico de Emalcsa.

Poderá participar o alumnado de 5º e 6º de primaria. Os equipos finalistas recibirán un agasallo e poderán desfrutar dunha excursión guiada ao encoro de Cecebre.

A data de envío de implementación irá de xaneiro a abril do próximo ano e a final celebrarase o 12 de maio.