Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa evita a chegada dun vertido ao abastecemento

Noticias |

A Empresa Municipal de Augas da Coruña, Emalcsa, detectou onte un vertido de hidrocarburos ao río Mero e pechou a súa planta de potabilización durante 9 horas para evitar que entrase na rede de abastecemento. A incidencia xa está resolta e os traballos levados a cabo poderían ter producido episodios de turbidez na auga.

A vertedura detectouna o persoal de Emalcsa en torno ás 14.30 horas de onte, 23 de febreiro, nas inmediacións da planta da Telva. De forma inmediata péchanse as instalacións para evitar que a fuga entre no sistema e denúnciase o feito ante o Seprona e Augas de Galicia, que máis tarde confirman unha vertedura duns 15 litros de hidrocarburos río arriba relacionada cun camión.

Desde a empresa de augas procédese a un proceso de baleirado e lavado da planta para garantir que os restos de hidrocarburos non cheguen á rede de abastecemento e tamén se realizan unha serie de manobras no encoro de Cecebre para aumentar o caudal no río e acelerar así o efecto de lavado.

Unha vez que os técnicos descartan a presenza da vertedura, comezase un lento proceso de apertura da planta, cun novo arranque, purgas e comprobacións continuas que non só se limitan á Telva senón a toda a rede de distribución.

As analíticas realizadas polo laboratorio de Emalcsa confirman que a auga que chega aos fogares cumpre cos parámetros de calidade establecidos pola lexislación e non supón risco para a saúde.

Por outra banda, dadas as características extremadamente aromáticas dalgúns hidrocarburos e a súa capacidade para perdurar no aire, é posible que algunhas persoas poidan detectar un lixeiro olor ao abrir a billa, sen que isto sexa indicativo da súa presenza na auga, que conta con todas as garantías de salubridade. 

Últimas noticias