Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidade técnica, non recaba ni cede datos de carácter persoal dos usuarios sin o seu coñecemento. Sin embargo, contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas á de Emalcsa que vostede poderá decidir se acepta ou non cando acceda a eles.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Aceptar Denegar Configurar
A nosa empresa

A nosa empresa

Somos unha empresa municipal comprometida coa eficacia e a calidade do servizo

A Empresa Municipal de Aguas de La Coruña (EMALCSA) é unha sociedade anónima de propiedade municipal que xestiona de xeito directo o ciclo integral da auga na cidade da Coruña e a súa área metropolitana. A devandita xestión inclúe a captación, potabilización e distribución da auga e a posterior recollida das augas usadas, a súa depuración e a súa devolución ao medio natural.

Así mesmo, EMALCSA asume as tarefas de mantemento, limpeza e reparación das instalacións da rede de sumidoiros e a rede sanitaria, a concesión e establecemento de acometidas para a subministración de auga e colabora co Concello da Coruña na xestión e prestación doutros servizos municipais.

A actividade de EMALCSA implica unha capacidade total de tratamento de case 77 millóns de metros cúbicos de auga e un numero de clientes directos superior aos 137.000. A través das súas distintas liñas de actividade relacionadas coa auga, EMALCSA presta servizo a unha poboación que supera os 400.000 habitantes dos municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo e Carral.

Estrutura da propiedade

EMALCSA é unha sociedade mercantil municipal que adopta a forma de sociedade anónima e que se rexe polos seus propios estatutos e polas disposicións legais que en cada momento lle foran aplicables. Ao ser unha sociedade de titularidade municipal, o seu capital non pode ser alleado nin destinado a finalidade distinta da do seu obxecto social.

  • Data última modificación: 10 de xuño de 2002

  • Capital social (€): 601.100

  • Número de accións: 100 nominativas

Órganos de goberno

A Xunta Xeral de EMALCSA é o órgano de goberno e está constituída polos membros da Corporación Municipal da Coruña. Ningún dos membros posúe accións da sociedade.

PRESIDENTA

  • Excma. Sra. Dona Inés Rey García

MEMBROS DA XUNTA XERAL

  • Don José Manuel Lage Tuñas

  • Dona Eudoxia Neira Fernández

  • Don Francisco Dinís Díaz Gallego

  • Dona Eva Martínez Acón

  • Don Jesús Javier Celemín Santos

  • Dona Esther Fontán Prado

  • Don Juan Ignacio Borrego Vázquez

  • Dona Diana Sobral Cabanas

  • Dona Rosa Gallego Neira

  • Don Roberto Rodríguez Martínez

  • Dona Esperanza Peñalosa López-Pin

  • Don Antonio Deus Álvarez

  • Don Roberto García Fernández

  • Dona Maria Teresa Gutiérrez Roselló

  • Dona Nazareth Cendán Gayoso

  • Don Roberto Luis Coira Andrade

  • Don Juan Carlos Varela Vázquez

  • Dona María García Gómez

  • Dona Silvia Cameán Calvete

  • Don Alberto Lema Suárez

  • Dona Claudia Delso Carreira

  • Don Iago Martínez Durán

  • Don Francisco Xesús Jorquera Caselas

  • Dona Avia Veira González

  • Dona Mónica Martínez Lema

  • Dona Isabel Faraldo Calvo


SECRETARIO

  •  Don Manuel José Díaz Sánchez

INTERVENTOR

  • Don Ángel Murado Codesal

O Consello de Administración é o máximo órgano de decisión, supervisión e control de EMALCSA, con plenas facultades de dirección, xestión e execución respecto da sociedade. Entre as súas tarefas máis significativas atópanse orientar a política da compañía, avaliar a xestión da Dirección Xeral, adoptar decisións relevantes da sociedade e servir de enlace cos membros da Xunta Xeral.

PRESIDENTA

  • Excma. Sra. Dona Inés Rey García

SECRETARIO

  • Don Manuel José Díaz Sánchez

VOCAIS

  • Dona Esther Fontán Prado

  • Don José Manuel Lage Tuñas

  • Dona Rosa Gallego Neira

  • Don Roberto Rodríguez Martínez

  • Dona María Teresa Gutiérrez Roselló

  • Dona María García Gómez

  • Don Iago Martínez Durán

  • Don Francisco Xesús Jorquera Caselas


INTERVENTOR

  • Don Ángel David Murado Codesal

ASISTEN AO CONSELLO

  • Don Jaime Castiñeira de la Torre

  • Dona Carmen Ulloa Ayora

Estrutura operativa

A Dirección Xeral ten ao seu cargo a dirección e administración activa da empresa.

DIRECTOR XERAL

  • Sr. D. Jaime Castiñeira de la Torre

 

 

Bo goberno

O bo goberno é unha peza fundamental na política de responsabilidade corporativa de EMALCSA.

Como elementos de control existen:

  • Auditoría anual independente conforme á Lei de Sociedades de Capital.

  • Control interno e fiscalización pola Intervención Xeral do Concello da Coruña, de acordo co artigo 213 e seguintes da Lei de Facendas Locais.

  • Dobre control externo do Tribunal de Contas e do Consello de Contas conforme ao artigo 223 de Lei de Facendas Locais.

Misión e valores

Misión

  • Garantir a clientes e usuarios a subministración e/ou servizo correspondente a unha ou varias das etapas do Ciclo Integral da Auga nas mellores condicións de cantidade, calidade e prezo.

  • Asegurar a satisfacción da demanda futura do servizo en todas as etapas do Ciclo Integral da Auga nas condicións requiridas polos clientes e usuarios.

  • Apoiar a prestación ou a xestión doutros servizos públicos no Concello da Coruña.

Visión

  • Contar coa confianza plena de todas as partes interesadas na xestión do Ciclo Integral da Auga.

  • Ser referente tecnolóxico e de servizo entre empresas xestoras de auga.

  • Ampliar a prestación dos servizos do Ciclo Integral da Auga.

  • Servir como modelo de xestión entre as empresas municipais.

Valores

  • Atención personalizada e compromiso de servizo que respondan ás necesidades específicas de cada cliente.

  • Liderado tecnolóxico e operativo a través do desenvolvemento de métodos e sistemas que garanten tanto o control de procesos coma o logro de resultados.

  • Fomento do desenvolvemento profesional dos traballadores da organización, con especial atención á súa formación, para conseguir equipos multidisciplinares e con alto nivel de competencia.

  • Xestión dos recursos humanos da organización conforme aos principios de mérito, equidade e igualdade de oportunidades.

  • Compromiso co desenvolvemento sustentable e a protección do medio.

  • Coordinación con institucións públicas e privadas na busca activa da máxima eficacia e eficiencia das actuacións.

  • Mellora continua como criterio de xestión asumido por todos os niveis da organización.

Actividade

Dende a súa fundación, EMALCSA centrou a súa actividade en responder ás necesidades de servizo do Ciclo Integral da Auga. Na actualidade, a empresa dispón de equipo e recursos para desenvolver as seguintes funcións:

  • Captación, potabilización e distribución de augas potables.

  • Análise e control da calidade das augas en todas as fases do Ciclo Integral da Auga.

  • Análise e control da calidade da auga nas piscinas de uso público.

  • Mantemento e limpeza de redes de abastecemento e saneamento.

  • Xestión de clientes: contratación, lectura de contadores, facturación, cobro e atención ao cliente para o abastecemento e saneamento de augas.

  • Transporte e depuración de augas residuais.

Esta capacidade de servizo desenvólvese de xeito específico para diversas administracións públicas, ás que EMALCSA atende en diferentes etapas do ciclo.

Distribución territorial de actividades

Transparencia e bo goberno

EMALCSA pon a disposición dos cidadáns a información referente á súa actividade en virtude da Lei 19/2013 de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, que ten como obxectivo ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, recoñecer e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigas de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos así como as consecuencias derivadas do seu incumprimento. EMALCSA publica toda a información relevante para cumprir esta lexislación: