
O alumnado do ciclo de FP Dual en Xestión de Auga inicia prácticas remuneradas en Emalcsa
As persoas participantes nesta iniciativa pioneira en Galicia pasarán polos diferentes departamentos da empresa pública da auga da cidade
Noticias |
A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) detectou unha fuga nunha das principais infraestruturas de abastecemento da cidade e, aínda que xa se acometeron actuacións previas, a súa reparación integral requirirá un corte na condución da auga, que se realizará mañá, martes 8 de febreiro.
Para reducir molestias á veciñanza, o persoal técnico realizará un cambio na configuración do sistema de abastecemento. É dicir, redirixirá a auga por outras conducións secundarias, o que evitará interrupcións na subministración, pero non se descartan episodios de turbidez na cidade da Coruña. Tampouco afeccións no resto de concellos da comarca: Culleredo, Cambre, Arteixo e Oleiros. En todo caso, cómpre lembrar que estas alteracións puntuais non supoñen un risco para a saúde.
Datos técnicos
A avaría localizouse na rúa María Cagiao do concello de Culleredo, nunha acometida de 800 mm de diámetro nominal, que abastece aproximadamente ao 60% da cidade da Coruña.
Está previsto que os traballos comecen a primeira hora de mañá, en torno 08.00 horas e poderían prolongarse durante todo el día.
Desde Emalcsa lamentamos as molestias que esta actuación poida provocar e agradecemento a comprensión da cidadanía.