Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

A Fundación Botín premia o xogo de "A auga non para"

Noticias |

Unha delegación da empresa municipal de augas da Coruña e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo desprazouse a Madrid para recibir un dos Premios á Xestión Sostible da Auga que organiza a Fundación Botín polo xogo “A auga non para”.

A iniciativa foi seleccionada ex aequo na modalidade de Proxecto educativo sobre a auga entre 26 candidaturas procedentes de Albania, Arxentina, Bolivia, España, México, Perú e Suiza. Os obxectivo destes galardóns é promover a innovación e a difusión de ideas, proxectos e tecnoloxía desenvolvidas por xente moza profesional con resultados probados na xestión sostible dos recursos hídricos.

O director de I+D+i de Emalcsa, Ricardo Vázquez, e o xerente da reserva, Jorge Blanco, foron os responsables de presentar  o proxecto que naceu no 2016 co obxectivo de mellorar o coñecemento do alumnado da Coruña e a comarca sobre o sistema de auga urbano, o seu comportamento na natureza e a súa conexión coa biodiversidade e os espazos protexidos, desde unha perspectiva do territorio no que viven.

A través dunha mecánica de preguntas e respostas, explícase o percorrido da auga desde os ríos Mero e Barcés e o encoro de Abegondo-Cecebre (Zona núcleo da Reserva de Biosfera) ata chegar á casas, pasando polo seu tratamento na ETAP da Telva e a súa posterior depuración na EDAR de Bens.

O taboleiro físico destinado ao estudantado de Primaria, tivo máis a súa correspondencia online para permitir tamén a participación desde a casa, facilitando o recurso nos centros educativos. O enlace é www.oxogodagota.es

Así, o pasado curso ofreceuse esta nova versión a todos os colexios da comarca e chegaron a participar 425 estudantes de quinto e sexto de primaria de 5 centros.

 

  • La Fundación Botín premia el juego de "El agua no para"
  • La Fundación Botín premia el juego de "El agua no para"

Últimas noticias