Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa premia ao colexio Raquel Camacho

Noticias |

A Empresa Municipal de Augas da Coruña procedeu na mañá de hoxe a facer entrega no CEIP Raquel Camacho do premio como gañador do concurso “Valoremos a auga” organizado o pasado curso por Emalcsa con motivo do Día Mundial da Auga 2021. 

O centro onde está adscrita a aula gañadora recibiu 500 euros de premio, pero ademais cada un dos alumnos e alumnas participantes recibiron un paquete de agasallos sostibles. En concreto, os 25 estudantes de sexto de Primaria e a profesora Ángeles Roca, que coordinou o vídeo, recibiron unha mochila de tea, unha botella reutilizable e unha taza do Día Mundial da Auga, co lema  “A AUGA IMPORTA”.

O xurado do concurso destacou no seu momento a “importante participación e preparación das mensaxes do vídeo cun esforzo por facelo atractivo para a xente”. No mesmo, os rapaces e rapazas van explicando os distintos usos da auga e a súa relevancia para a vida. Tanto este como o resto de vídeos pódense ver no canle de YouTube da compañía.

Dende Emalcsa foméntanse accións deste tipo para acercar o mundo da auga á sociedade en xeral e á infancia en particular coma un xeito de incentivar a participación social para mellorar a xestión e coidado do noso entorno.

Segunda edición

O director do departamento de I+D+i, Ricardo Vázquez, foi o responsable de facer entrega dos agasallos e aproveitou para agradecer a súa participación a todas as entidades da comarca que enviaron propostas. Ademais anunciou unha segunda edición deste concurso, que se comunicará debidamente a través das redes de Emalcsa. 

Respecto aos outros dous clasificados, o colexio Calasanz PP. Escolapios da Coruña e o CEIP Emilia Pardo Bazán, en breve faráselles chegar tamén os agasallos para o alumnado participante. 

Podes ver o vídeo gañador na seguinte ligazón: CEIP Raquel Camacho.

  • Emalcsa premia al CEIP Raquel Camacho
  • Emalcsa premia al CEIP Raquel Camacho
  • Emalcsa premia al CEIP Raquel Camacho
  • Emalcsa premia al CEIP Raquel Camacho
  • Emalcsa premia al CEIP Raquel Camacho
  • Emalcsa premia al CEIP Raquel Camacho
  • Emalcsa premia al CEIP Raquel Camacho
  • Emalcsa premia al CEIP Raquel Camacho

Últimas noticias