Certificacións de calidade
O sistema de xestión permítenos demostrar a eficacia dos procesos aplicados en cada un dos centros de traballo, existentes nos Concellos da Coruña, Cambre e Carral, nos que se desenvolven as seguintes actividades:
-
O servizo de xestión do Ciclo Integral da Auga (captación, potabilización, tratamento e distribución de augas potables. Transporte e depuración de augas residuais).
-
Mantemento de redes de distribución e saneamento.
-
Análise e control da calidade das augas de consumo humano e naturais.
-
Análise e control da calidade da auga de baño en piscinas de uso colectivo.
-
A xestión de clientes (contratación, lectura de contadores, facturación, cobro e atención ao cliente para o abastecemento e saneamento de augas).
EMALCSA, consciente da importancia da calidade á hora de satisfacer as necesidades dos seus clientes, así como a protección do medio, mantén ao día as actividades e procesos do Sistema de Xestión Integrado adecuado ás súas necesidades, constituíndo a base do proxecto de integración dos distintos sistemas de xestión a desenvolver na empresa.