Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Realizamos melloras nunha das principais infraestruturas

Noticias |

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) executará o mércores, 3 de novembro, traballos de mellora na rede xeral de abastecemento. En concreto, instalará novos elementos de regulación e control nunha das principais infraestruturas de abastecemento de auga da cidade.  

Para poder executar a mellora, que presenta unha gran complexidade técnica, será preciso realizar un corte de auga na condución principal da cidade, que discorre pola avenida de Alfonso Molina.  

Co fin de evitar molestias á veciñanza, a compañía procederá a realizar un cambio na configuración do sistema de abastecemento para que en ningún momento se rexistren interrupcións na subministración de auga dos usuarios, pero que si podería provocar episodios puntuais de turbidez nalgunhas zonas. En todo caso, cómpre resaltar que estas alteracións na turbidez da auga non supoñen ningún risco para a poboación. 

Está previsto que os traballos comecen a primeira hora da mañá do mércores, en torno ás 8.00 horas, e poderían prolongarse durante todo o día.  

Agradecemos a comprensión da cidadanía e rogamos desculpe as molestias que esta actuación poida ocasionar. Lembramos, así mesmo, que este tipo de actuacións teñen por obxectivo ofrecer o mellor servizo público e garantir a máxima calidade e seguridade.  

  • Realizamos mejoras en una de las principales infraestructuras
  • Realizamos mejoras en una de las principales infraestructuras
  • Realizamos mejoras en una de las principales infraestructuras

Últimas noticias