Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

"A auga non para" recibe un premio da Fundación Botín

Noticias |

A empresa municipal de augas da Coruña, Emalcsa, recibiu un premio da Fundación Botín polo seu proxecto educativo “A auga non para”. En concreto, o xurado da VII edición dos Premios a la Gestión Sostenible del Agua seleccionou ex aequo este proxecto, posto en marcha en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e a súa entidade xestora, a Asociación Mariñas-Betanzos, na modalidade de Proxecto educativo sobre a auga.

Este xogo naceu no ano 2016 co obxectivo de mellorar o coñecemento do alumnado da Coruña e a comarca sobre o ciclo de auga, o seu comportamento na natureza e a súa conexión coa biodiversidade e os espazos protexidos, desde unha perspectiva do territorio no que viven.

Máis tarde o taboleiro físico tivo a súa correspondencia online para permitir tamén a participación desde a casa e facilitando o recurso nos centros educativos. Pódese acceder a él a través deste enlace: O Xogo da Gota.

Así, o pasado curso ofreceuse esta nova versión a todos os colexios da comarca e chegaron a participar 425 estudantes de quinto e sexto de primaria de 5 centros.

O premio, compartido co proxecto “#50LWATERCHALLENGE - Cambio climático, aquí y ahora” de Sarai Díaz García, será entregado o 1 de decembro na sede da fundación en Madrid. Unha delegación de Emalcsa viaxará á capital para presentar a iniciativa en público e explicar o seu proceso creativo. 

Consumo responsable
O xogo de “A auga non para” pretende dar a coñecer ao alumnado de Primaria o ciclo da auga na Coruña e fomentar o seu consumo responsable. A través dunha mecánica de preguntas e respostas, explícase o percorrido da auga desde os ríos Mero e Barcés e o encoro de Abegondo-Cecebre (Zona núcleo da Reserva de Biosfera) ata chegar á casas, pasando polo seu tratamento na ETAP da Telva e a súa posterior depuración na EDAR de Bens. 

  • "A auga non para" recibe un premio de la Fundación Botín
  • "A auga non para" recibe un premio de la Fundación Botín

Últimas noticias