Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa presenta ao seu cadro de persoal o seu ciclo de FP

Noticias |

A empresa municipal de augas da Coruña, Emalcsa, presentou ao seu cadro de persoal os pormenores do novo FP dual en Xestión da Auga, que se está a impartir xa no no CIFP Universidade Laboral de Culleredo. 

Unha delegación do profesorado desprazouse á Casa da Auga para poñer en común cos traballadores e traballadores o programa desta nova formación, a través da cal os e as estudantes matriculados incorporaranse á empresa como bolseiros a partir do mes de abril.

Único en Galicia
O ciclo superior en Xestión da Auga é unha formación única en Galicia e con escasa oferta no resto de España que comezou este curso grazas a unha colaboración entre Emalcsa e o CIFP Universidade Laboral, baixo o paraugas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. 

Cunha duración de 2.000 horas lectivas divididas en dous cursos conseguiu unha ducia de matriculacións neste primeiro ano. A través desta formación o alumnado poderá traballar no sector do mantemento, montaxe e distribución da auga.

  • Emalcsa presenta el ciclo de FP en Gestión del Agua a su plantilla
  • Emalcsa presenta el ciclo de FP en Gestión del Agua a su plantilla

Últimas noticias