Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Convocados os segundos Premios Cátedra Emalcsa-UDC

Noticias |

A Cátedra Emalcsa-UDC acaba de convocar a segunda edición dos seus Premios Cátedra Emalcsa-UDC, para os que xa está aberto o prazo de presentación. Estes galardóns, que se entregaron por primeira vez neste ano 2021, están dirixidos a estudantes ou graduados que teñan presentado o Traballo de Fin de Grao (TFG) ou Traballo de Fin de Máster (TFM) na Universidade da Coruña no curso académico 2020/21.

O ámbito temático é aberto e multidisciplinar co único requisito de que estea vinculado co mundo da auga, pero dende calquera ámbito do coñecemento co obxectivo de dar acollida ao maior número posible de traballos.

As persoas gañadoras recibirán 1.000 euros de premio cada unha e ademais contémplanse un accésit en cada categoría con 500 euros de premio. O prazo para presentar as propostas, que se fará vía online, remata o 30 de novembro de 2021.

O xurado está formado por membros do Comité Asesor Científico Técnico da Cátedra Emalcsa-UDC e anunciarase antes do peche da convocatoria.

As persoas interesadas en optar a estes premios poden resolver as súas dúbidas a través do mail: secretaria@catedraemalcsa.com.

Primeira convocatoria

Na primeira convocatoria dos premios as gañadoras foron Pilar Sánchez Cid, na categoría de Fin de Máster polo seu “Estudio tipológico de la arquitectura de las estaciones de tratamiento de agua potable. Caso de estudio: ETAP de Cañás, Carral, A Coruña”, e Marta Sánchez Núñez, na de Fin de Grao polo seu traballo “Influencia de los nutrientes en la eficacia del tratamiento de aguas residuales en humedales construidos de flujo vertical”.

Ademais, neste caso, seleccionáronse dous accésit en cada categoría polo alto nivel das propostas presentadas.  

O obxectivo destes premios é fomentar o coñecemento e a reflexión sobre diferentes aspectos da xestión sostible da auga na comunidade universitaria e, máis en concreto, entre o estudantado que finaliza a súa etapa de formación.

Ligazón ás bases completas.

Últimas noticias