Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Corte de auga na rúa Industrial e Costa da Unión

Noticias |

Informamos dun corte de auga previsto para mañá, 15 de xuño, de 09.00 a 13.00 horas, nas rúas Industrial e Costa da Unión para renovar a rede de abastecemento, aproveitando as obras de pavimentación que está realizando o Concello da Coruña.


En concreto, estarán afectados os portais:

  • 30, 32, 11 e 13 da Costa da Unión
  • Do 1 ao 23 (só impares) da rúa Industrial.
  • Corte de agua en calle Industrial y Cuesta de la Unión

Últimas noticias

O CEIP Isaac Díaz Pardo de Culleredo gaña o concurso ‘O xogo da gota’ +

O CEIP Isaac Díaz Pardo de Culleredo gaña o concurso ‘O xogo da gota’

 

Alumnado da clase de 5ºB do CEIP Isaac Díaz Pardo de O Burgo, en Culleredo, acadou o primeiro posto na final do concurso ‘O xogo da gota’, un certame de preguntas e respostas impulsado por EMALCSA e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo a través do programa formativo ‘A auga non para’ co fin de dar a coñecer a procedencia da auga que se consume na cidade de A Coruña e arredores: o seu percorrido ou os procesos polos que pasa.

‘A auga non para’ é un dos tres programas formativos postos en marcha pola Empresa Municipal de Augas da Coruña, en colaboración con outras entidades, para ensinarlles aos nenos e nenas a importancia da auga desde unha visión integrada co medio ambiente e a sociedade.

Neste caso, ‘O xogo da gota’ contemplou unha participación online e presencial cun obradoiro previo realizado na propia aula do centro da man dun técnico de EMALCSA.

Como premio, toda a clase de 5ºB do CEIP Isaac Díaz Pardo poderá desfrutar dunha excursión guiada á contorna do encoro de Cecebre.

Na final tamén participaron o grupo de 6º do Colexio Fomento Peñarredonda, a clase de 5º do Colexio de Fomento Montespiño e a da 5ºB do centro Calasanz PP. Escolapios.

Emalcsa avanza no seu primeiro Plan de Igualdade +

Emalcsa avanza no seu primeiro Plan de Igualdade

Emalcsa desenvolveu durante os anos 2021 e 2022 o primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades, que estará en vigor ata o 29 de xullo de 2025. O obxectivo deste proxecto é lograr a ausencia de procedementos ou políticas discriminatorias por razón de xénero en materia de selección, contratación, formación, promoción e/ou compensación; permitindo, ademais, promover formas de comunicación internas e externas que non empreguen unha linguaxe sexista ou unha linguaxe baseada en estereotipos.


En Emalcsa queremos asumir o principio de igualdade de oportunidades en todos os ámbitos nos que se desenvolve a actividade da empresa: dende a selección do persoal ata as condicións laborais e de saúde, pasando pola conciliación laboral e familiar e a política salarial, entre outros. Por iso, prestaremos especial atención á discriminación indirecta, aquela que se oculta baixo criterios ou prácticas aparentemente neutras pero que pon en desvantaxe ás persoas dun xénero fronte a outro.


Por outra banda, a Dirección adquiriu o compromiso de establecer e desenvolver políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes sen discriminar directa ou indirectamente por razón de xénero, así como a promoción e impulso de medidas para acadar a igualdade real dentro da a organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como principio estratéxico da súa Política Corporativa e de Recursos Humanos. En definitiva, trátase de integrar transversalmente a perspectiva de xénero na cultura da empresa.

Plan de seguimento
Durante o segundo trimestre de 2022 realizouse o seguimento do Plan de Igualdade aprobado pola Xunta de Galicia.


Entre outras medidas, desenvolveuse no seo da Comisión de Igualdade un regulamento acordado para o teletraballo parcial ocasional para aqueles traballadores en circunstancias especiais acreditados, comunicados e homologados pola empresa, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida persoal e familiar e laboral.


Este proceso de negociación culminou coa redacción dun convenio parcial de teletraballo ocasional con criterios obxectivos e individualizados de avaliación do rendemento.

Laura Vigo Díaz acada o primeiro posto no X Certame de Debuxo da Natureza ‘Vida silvestre do encoro de Cecebre’ entre máis de 100 participantes +

Laura Vigo Díaz acada o primeiro posto no X Certame de Debuxo da Natureza ‘Vida silvestre do encoro de Cecebre’ entre máis de 100 participantes

Este domingo entregáronse os premios do X Certame de Debuxo da Natureza ‘Vida silvestre do encoro de Cecebre’: As beiras do encoro, unha iniciativa posta en marcha polo Grupo Naturalista Hábitat da man da Empresa Municipal de Augas de A Coruña en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Nesta edición presentáronse un total de 213 ilustracións elaboradas por 162 participantes entre dúas modalidades: maiores e menores de 14 anos. Na primeira delas enviáronse 154 debuxos de 120 concursantes e, na segunda, 51 ilustracións de 42 persoas. Fóra de concurso quedaron 8 proxectos que non cumprían a normativa do mesmo.

Na modalidade de 14 ou máis anos seleccionáronse un total de 15 obras acadando Laura Vigo Díaz o primeiro premio coa ilustración do ‘Lavacú sanguiño’ (Sympetrum sanguineum). O segundo posto foi para Xulia García Pintos co debuxo do ‘Tritón palmado’ (Lissotriton helveticus) e a obra dunha ‘Menta da auga’ (Mentha aquatica) deulle o terceiro lugar a Ángela Camila Cubeiro.

As persoas gañadoras recibiron un premio de 150, 100 e 50 euros, respectivamente, e un diploma, agasallo que tamén se estendeu ao resto de participantes xunto cun lote de produtos cortesía de Emalcsa, a Reserva de Biosfera e o GN Hábitat. Esta última entidade incluíu no conxunto de regalos o seu calendario 2023 elaborado con ilustracións participantes do certame.

No relativo á categoría de menores de 14 anos premiáronse un total de 15 obras, cuxos autores e autoras tamén recibiron os agasallos anteriormente mencionados.

O acto, de balde e aberto ao público, tivo lugar na Sala de Exposicións de Emalcsa, situada no edificio Casa da Auga, a partir das 12:30 horas. No mesmo estiveron presentes o director de I+D+i de Emalcsa, Ricardo Vázquez Pérez; o presidente do Grupo Naturalista Hábitat, Ricardo Ferreiro Sanjurjo; a edila de Medio Ambiente e Sustentabilidade do Concello da Coruña, Esther Fontán Prado; e o concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Cambre, Daniel Mallo Castro, en representación da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O fin último deste certame é fomentar o debuxo como ferramenta para a implicación cidadá no contacto coa súa contorna natural e, nesta décima convocatoria, as ilustracións xiraron arredor ás beiras do encoro para poñer en valor a importancia das marxes dos medios acuáticos.

Raquel Castro Couto e o CEIP Eusebio da Guarda, gañadores do 2º concurso 'A auga nun minuto +

Raquel Castro Couto e o CEIP Eusebio da Guarda, gañadores do 2º concurso 'A auga nun minuto"

A clase de 3º B de educación primaria do CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña) e Raquel Castro Couto foron as gañadoras da segunda edición do concurso de vídeos 'A auga nun minuto', un certame lanzado desde Emalcsa co obxectivo de crear unha corrente de opinión e un debate público sobre a auga desde diferentes perspectivas.

O lema desta pasada edición foi “Augas subterráneas: facendo visible o invisible”, seguindo o lema marcado por Nacións Unidas para o 'Día Mundial da auga' que se celebra cada 22 de marzo.

Nesta ocasión establecéronse dúas categorías: unha para maiores de 18 anos (onde os proxectos podían ser individuais ou colectivos) e outra para menores (onde, obrigatoriamente, os participantes debían representar a algún centro escolar ou asociación). Na primeira modalidade presentáronse un total de sete traballos e, na segunda, cinco.

O xurado estivo formado polo director de I+D+i de Emalcsa, Ricardo Vázquez; o director da Cátedra EMALCSA-UDC, Dr. Moisés Canle; e o xerente da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, Jorge Blanco, quen finalmente delegou en Carlos Ameixenda, técnico de Medio Ambiente da Reserva.

Na categoría de menores de 18 anos:

* CEIP Eusebio da Guarda - 3ºB Primaria (500 €)
* CEIP Ponte dos Brozos - 5º Educación Infantil (250 €)
* CEIP Rabadeira - 5º Educación Infantil (100 €)

Na categoría de maiores de 18 anos:

* Raquel Castro Couto (500 €)
* Cristina Varela e Bruno Ramos (250 €)
* Antonio Iglesias (100 €)

Raquel Castro Couto y el CEIP Eusebio da Guarda, ganadores del 2º concurso "El agua en un minuto"

Noticias | 

La clase de 3º B de educación primaria del CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña) y Raquel Castro Couto han sido las ganadoras de la segunda edición del concurso de vídeos 'El agua en un minuto', un certamen lanzado desde Emalcsa con el objetivo de crear una corriente de opinión y un debate público sobre el agua desde diferentes perspectivas.

El lema de esta pasada edición fue “Aguas subterráneas: haciendo visible lo invisible”, siguiendo el lema marcado por Naciones Unidas para el 'Día Mundial del Agua' que se celebra cada 22 de marzo.

En esta ocasión se establecieron dos categorías: una para mayores de 18 años (donde los proyectos podían ser individuales o colectivos) y otras para menores (donde, obligatoriamente, los participantes debían representar a algún centro escolar o asociación). En la primera modalidad se presentaron un total de siete trabajos y, en la segunda, cinco. 

El jurado estuvo formado por el director de I+D+i de Emalcsa, Ricardo Vázquez; el director de la Cátedra EMALCSA-UDC, Dr. Moisés Canle; y el gerente de la Reserva de la Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, Jorge Blanco, quién finalmente delegó en Carlos Ameixenda, técnico de Medio Ambiente de la Reserva.

En la categoría de menores de 18 años: 

* CEIP Eusebio da Guarda - 3º B Primaria (500€)
* CEIP Ponte dos Brozos - 5º de Educación Infantil (250 €)
* CEIP Rabadeira - 5º Educación Infantil (100€)

En la categoría de mayores de 18 años:

* Raquel Castro Couto (500€)
* Cristina Varela y Bruno Ramos (250€)
*Antonio Iglesias (100€)

Todos os traballos presentados poden visualizarse na nosa canle de Youtube.

Desde Emalcsa queremos dar as grazas a todas as persoas participantes e felicitar a todos os gañadores e gañadoras.