Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Pilar Sánchez e Marta Sánchez, Premios Cátedra Emalcsa-UDC

Noticias |

O Paraninfo da Universidade acolleu esta mañá a entrega de galardóns dos primeiros Premios Cátedra Emalcsa-UDC de Fin de Máster e de Fin de Grao que recaeron en Pilar Sánchez Cid e Marta Sánchez Núñez, respectivamente e que obtiveron mil euros de premio cada unha.

O acto estivo presidido polo reitor da UDC, Julio Abalde, polo primeiro tenente de Alcaldesa da Coruña, Juan Borrego Vázquez, e polo director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira, que anunciou unha nova convocatoria destes galardóns debido á boa acollida da primeira edición e que se publicará nas próximas semanas.

O obxectivo destes premios é fomentar o coñecemento e a reflexión sobre diferentes aspectos da xestión sostible da auga na comunidade universitaria e, máis en concreto, entre o estudantado que finaliza a súa etapa de formación.

O xurado destacou tanto a cantidade dos traballos recibidos, 29 nesta primeira edición (15 na categoría TFM e 14 en TFG), como a “gran calidade” dos mesmos que reflicten a “interdisciplinariedade do traballo no eido dos sistemas de auga urbana, pondo de manifesto a enorme amplitude que presenta o campo dende o punto de vista da investigación e desenvolvemento”.

De feito, na acta os membros do xurado falaron da “rigorosidade labor desenvolvida polos diversos autores baixo a supervisión dos seus titores, aportando tanto traballos cunha grande calidade técnica e metodolóxica coma orixinalidades nos plantexamentos de desenrolos.”

Precisamente debido a este alto nivel, en lugar dun accésit previsto para cada categoría seleccionáronse dous, que levarán 500 euros de premio cada un.

 A listaxe de persoas gañadoras son:

Categoría de Traballos de Fin de Máster:

  • 1º premio: Pilar Sánchez Cid

Polo seu traballo “Estudio tipológico de la arquitectura de las estaciones de tratamiento de agua potable. Caso de estudio: ETAP de Cañás, Carral, A Coruña”, pola excelente análise pormenorizada e comparada que realiza do conxunto de edificios industriais de comezo do s. XX que serviron para abastecer de auga tratada á cidade da Coruña, así como pola defensa que realiza do patrimonio industrial e tecnolóxico para entender a nosa historia recente.

  • Accésit: Alejandro Rey Vizoso

Polo seu traballo “Pulmón verde en el skyline de A Coruña. Reacondicionamiento del depósito de agua de Monte Alto y su entorno”, unha orixinal e disruptiva proposta de solución sostible para a mellora do entorno urbano.

  • Accésit: Nuria Santisteban López

Polo seu traballo “Valoración medioambiental de la recuperación del río Monelos mediante análisis geoespacial multiparamétrico”, no que pon en valor, mediante un minucioso estudo cunha metodoloxía orixinal baseada en teledetección, o río de Monelos, un valor natural moi descoñecido do entorno urbano de A Coruña.

 

Categoría de Traballos de Fin de Grao:

  • Premio: Marta Sánchez Núñez,

Polo seu traballo “Influencia de los nutrientes en la eficacia del tratamiento de aguas residuales en humedales construidos de flujo vertical”, no que presenta un rigoroso e pormenorizado estudo dunha solución baseada na natureza para resolver un dos meirandes problemas que presentan as sociedades urbanas no eido da auga.

  • Accésit: Nerea García Bugallo

Polo seu traballo “Propuesta didáctica para trabajar el agua, incidiendo en la problemática social y ambiental surgida en torno a ella”, no que realiza unha moi

interesante proposta didáctica para alumnado de ensinanza primaria para traballar aspectos relacionados coa auga.

  • Accésit: Nicolás Ron Arroyo

Polo seu traballo “Ritmos circadianos/estacionais do cangrexo americano e selección do tamaño do cangrexo por parte da lontra no encoro de Cecebre”, no que se pon de manifesto de xeito excelente o valor intanxible do entorno natural do encoro de Cecebre e de toda a conca Mero-Barcés. 

  •  Pilar Sánchez y Marta Sánchez, ganadoras de los Premios Cátedra  Emalcsa-UDC

Últimas noticias

Corte de auga na rúa Industrial e Costa da Unión +

Corte de auga na rúa Industrial e Costa da Unión

Informamos dun corte de auga previsto para mañá, 15 de xuño, de 09.00 a 13.00 horas, nas rúas Industrial e Costa da Unión para renovar a rede de abastecemento, aproveitando as obras de pavimentación que está realizando o Concello da Coruña.


En concreto, estarán afectados os portais:

  • 30, 32, 11 e 13 da Costa da Unión
  • Do 1 ao 23 (só impares) da rúa Industrial.
Últimos días para participar no concurso de EMALCSA +

Últimos días para participar no concurso de EMALCSA

EMALCSA recorda que este sábado, día 22 de maio, remata o prazo para presentarse ao concurso “Valoremos a auga” posto en marcha entre os centros educativos e entidades de todo tipo (culturais, deportivas, medioambientais...) da comarca para crear unha corrente de opinión e debate público sobre o valor que as persoas outorgan a este elemento e os diferentes usos que ten.

O certame consiste en enviar microvídeos dun minuto de duración como máximo mostrando que significa para os participantes a auga desde calquera perspectiva: medioambiental, hixiénica, de ocio...

Poden participar centros e entidades dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo e Carral enviando as súas creacións ao enderezo electrónico: prensa@emalcsa.es.

Todos os participantes levarán un obsequio de agradecemento por parte de EMALCSA pero ademais, o centro ou entidade ao que pertenzan os tres primeiros vídeos seleccionados conseguirán un premio en metálico de 500, 250 e 100 euros, respectivamente, xunto a un diploma acreditativo e un agasallo para todos os membros do equipo, que realizarán tamén unha visita guiada aos principais espazos relacionados co subministro de auga na comarca.

As bases completas do concurso poden consultarse, aquí.