Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Emalcsa, premiada no Congreso Nacional do Medio Ambiente

Noticias |

Emalcsa acaba de ser galardoada no Congreso Nacional de Medio Ambiente Conama 2020 polo seu proxecto Bialac, que busca valorizar subprodutos como o soro da industria láctea e os lodos das depuradoras de auga en biomaterial ecolóxico.

Esta iniciativa de I+D+i foi presentada no Congreso Nacional celebrado esta semana en Madrid, que se podía seguir tamén de xeito online, e no que participou unha delegación de Emalcsa.

O proxecto Bialac botou a andar en decembro liderado por Emalcsa e da man dos grupos de investigación da Universidade da Coruña Bioengin e Laboratorio de Polímeros e xunto ás empresas Abakal Ingenieros Consultores, Innolact e Ecoplas. Xuntos comezaron a estudar a fermentación do soro do leite nunha planta piloto e a produción de biopolímeros a partir de soro fermentado.

Agora, o proxecto está rematado pero deseñando xa unha segunda fase para ampliar a investigación en busca de melloras de rendemento.

O obxectivo desta iniciativa, subvencionada polo programa Conecta Peme da Axencia Galega de Innovación, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, coincide coa filosofía de Emalcsa de apostar pola innovación e a economía circular para unha produción sostible.

Así, obtivo o premio do público tras a presentación do director de I+D+i da compañía, Ricardo Vázquez,  no Congreso Nacional do Medio Ambiente, que visibiliza produtos, servizos e modelos de negocio innovadores que reduzan o impacto ambiental.

Conama é un dos principais eventos de carácter medioambiental en España e Iberoamérica que se celebra desde 1992 e que ten por obxectivo xerar e intercambiar coñecemento e solucións de sustentabilidade. Está organizado pola Fundación Conama, unha organización independente e sen ánimo de lucro creada polo Colexio Oficial de Físicos baixo e amparada polo Ministerio de Medio Ambiente.

Últimas noticias

Corte de auga na rúa Industrial e Costa da Unión +

Corte de auga na rúa Industrial e Costa da Unión

Informamos dun corte de auga previsto para mañá, 15 de xuño, de 09.00 a 13.00 horas, nas rúas Industrial e Costa da Unión para renovar a rede de abastecemento, aproveitando as obras de pavimentación que está realizando o Concello da Coruña.


En concreto, estarán afectados os portais:

  • 30, 32, 11 e 13 da Costa da Unión
  • Do 1 ao 23 (só impares) da rúa Industrial.
Últimos días para participar no concurso de EMALCSA +

Últimos días para participar no concurso de EMALCSA

EMALCSA recorda que este sábado, día 22 de maio, remata o prazo para presentarse ao concurso “Valoremos a auga” posto en marcha entre os centros educativos e entidades de todo tipo (culturais, deportivas, medioambientais...) da comarca para crear unha corrente de opinión e debate público sobre o valor que as persoas outorgan a este elemento e os diferentes usos que ten.

O certame consiste en enviar microvídeos dun minuto de duración como máximo mostrando que significa para os participantes a auga desde calquera perspectiva: medioambiental, hixiénica, de ocio...

Poden participar centros e entidades dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo e Carral enviando as súas creacións ao enderezo electrónico: prensa@emalcsa.es.

Todos os participantes levarán un obsequio de agradecemento por parte de EMALCSA pero ademais, o centro ou entidade ao que pertenzan os tres primeiros vídeos seleccionados conseguirán un premio en metálico de 500, 250 e 100 euros, respectivamente, xunto a un diploma acreditativo e un agasallo para todos os membros do equipo, que realizarán tamén unha visita guiada aos principais espazos relacionados co subministro de auga na comarca.

As bases completas do concurso poden consultarse, aquí.