Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Dúas fontes de auga intelixentes con desperdicio cero

Noticias |

O IES Universidade Laboral de Culleredo acaba de rematar o proxecto SMARTspringwater posto en marcha coa colaboración de Emalcsa polo que o alumnado de segundo curso dos ciclos básicos de Fabricación e Montaxe e de Electricidade e Electrónica crearon dúas fontes de auga intelixentes con cero desperdicio de auga.


A idea de crear unha fonte eficiente de auga coa que se reducise o uso de botellas de plástico dun só uso partiu da profesora  de Fabricación e Montaxe Lorena Méndez, quen contactou con Emalcsa para levar a cabo esta iniciativa, que finalmente foi seleccionada nos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional de 2019.


Unha vez presentada a proposta, Emalcsa iniciou unha serie de encontros co alumnado para explicar o proxecto e, xuntos, crear o deseño da fonte. Cómpre destacar o esforzo feito tanto polo instituto de formación profesional como pola empresa de augas para organizar as reunións e a posta en común do bosquexo, ao ter que compaxinarse coas medidas de prevención e hixiene marcadas pola pandemia.
Unha vez pechado o deseño, Emalcsa encargou e financiou un prototipo da infraestrutura ás empresas coruñesas Tecdesoft e Ofimor para que os estudantes puideran replicalo.


Para iso, a compañía de abastecemento facilitou tanto as pezas necesarias para a construción como os manuais de montaxe e electrónica necesarios para que as alumnas e alumnos puideran poñer en marcha outros dous prototipos, sempre baixo a supervisión dos seus titores, que foron financiadas co premio da Conselleria. Esta foi a última fase do proxecto na que unha vintena de estudantes estiveron inmersos nos últimos meses.


Resultado e funcionamento
Así, a día de hoxe, a Universidade Laboral de Culleredo dispón de tres fontes intelixentes coas que, ademais de reducir o consumo de auga, porque detectan o nivel de enchido das botellas, non require contacto físico. A fonte actívase só cando un recipiente está baixo a billa e a persoa pasa a man por diante dun detector. É dicir, é necesaria unha doble activación.


Outra das vantaxes polas que a fonte é medioambientalmente sostible é que non está conectada a un desaugadoiro, senón que os restos de auga que puideran desperdiciarse no proceso irían a un depósito, ben para a súa evaporación e integración no ciclo natural da auga, ben para outros usos como o regado de plantas, idea tamén incorporada polo alumnado.


Esta actividade levada a cabo ao longo de dous anos  encaixa coa filosofía de Emalcsa de aportar valor engadido á súa actividade e contribuír coa súa contorna. Así, ademais de accións de carácter medioambiental, aposta tamén pola formación e educación  das persoas co fin de mellorar a súa actitude de cara a un consumo responsable de auga e, en xeral, de todos os produtos.

Últimas noticias

Corte de auga na rúa Industrial e Costa da Unión +

Corte de auga na rúa Industrial e Costa da Unión

Informamos dun corte de auga previsto para mañá, 15 de xuño, de 09.00 a 13.00 horas, nas rúas Industrial e Costa da Unión para renovar a rede de abastecemento, aproveitando as obras de pavimentación que está realizando o Concello da Coruña.


En concreto, estarán afectados os portais:

  • 30, 32, 11 e 13 da Costa da Unión
  • Do 1 ao 23 (só impares) da rúa Industrial.
Últimos días para participar no concurso de EMALCSA +

Últimos días para participar no concurso de EMALCSA

EMALCSA recorda que este sábado, día 22 de maio, remata o prazo para presentarse ao concurso “Valoremos a auga” posto en marcha entre os centros educativos e entidades de todo tipo (culturais, deportivas, medioambientais...) da comarca para crear unha corrente de opinión e debate público sobre o valor que as persoas outorgan a este elemento e os diferentes usos que ten.

O certame consiste en enviar microvídeos dun minuto de duración como máximo mostrando que significa para os participantes a auga desde calquera perspectiva: medioambiental, hixiénica, de ocio...

Poden participar centros e entidades dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo e Carral enviando as súas creacións ao enderezo electrónico: prensa@emalcsa.es.

Todos os participantes levarán un obsequio de agradecemento por parte de EMALCSA pero ademais, o centro ou entidade ao que pertenzan os tres primeiros vídeos seleccionados conseguirán un premio en metálico de 500, 250 e 100 euros, respectivamente, xunto a un diploma acreditativo e un agasallo para todos os membros do equipo, que realizarán tamén unha visita guiada aos principais espazos relacionados co subministro de auga na comarca.

As bases completas do concurso poden consultarse, aquí.