Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Últimos días para participar no concurso de EMALCSA

Noticias |

EMALCSA recorda que este sábado, día 22 de maio, remata o prazo para presentarse ao concurso “Valoremos a auga” posto en marcha entre os centros educativos e entidades de todo tipo (culturais, deportivas, medioambientais...) da comarca para crear unha corrente de opinión e debate público sobre o valor que as persoas outorgan a este elemento e os diferentes usos que ten.

O certame consiste en enviar microvídeos dun minuto de duración como máximo mostrando que significa para os participantes a auga desde calquera perspectiva: medioambiental, hixiénica, de ocio...

Poden participar centros e entidades dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo e Carral enviando as súas creacións ao enderezo electrónico: prensa@emalcsa.es.

Todos os participantes levarán un obsequio de agradecemento por parte de EMALCSA pero ademais, o centro ou entidade ao que pertenzan os tres primeiros vídeos seleccionados conseguirán un premio en metálico de 500, 250 e 100 euros, respectivamente, xunto a un diploma acreditativo e un agasallo para todos os membros do equipo, que realizarán tamén unha visita guiada aos principais espazos relacionados co subministro de auga na comarca.

As bases completas do concurso poden consultarse, aquí.

 

  • Últimos días para participar en el concurso de  EMALCSA

Últimas noticias

Corte de auga na rúa Industrial e Costa da Unión +

Corte de auga na rúa Industrial e Costa da Unión

Informamos dun corte de auga previsto para mañá, 15 de xuño, de 09.00 a 13.00 horas, nas rúas Industrial e Costa da Unión para renovar a rede de abastecemento, aproveitando as obras de pavimentación que está realizando o Concello da Coruña.


En concreto, estarán afectados os portais:

  • 30, 32, 11 e 13 da Costa da Unión
  • Do 1 ao 23 (só impares) da rúa Industrial.