Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

EMALCSA pon en marcha o depósito de auga de Almeiras

Noticias |

O novo depósito de auga de Almeiras, no concello de Culleredo, entra en funcionamento. Dará servizo a uns 350.000 veciños dos concellos da Coruña, Culleredo e Arteixo e parte dos de Oleiros e Cambre. Debido á posta en marcha destas instalacións ao longo do día 4 de maio poderían rexistrarse episodios de auga turbia polos cambios nas conexións e regulacións das tubaxes.

O director xeral de EMALCSA, Jaime Castiñeira, destaca a importancia desta obra porque permitirá dispoñer dunha gran capacidade de almacenamento que permita actuar ante posibles incidencias tanto nas conducións e os bombeos principais, como no propio proceso de tratamento e que ademais minimice os riscos durante as manobras programadas de mantemento.

O coste da obra superou os 4 millóns de euros e por ela pasarán a diario uns 85.000 metros cúbicos de auga potable para abastecer á veciñanza. Trátase dunha actuación crucial para o presente e futuro da comarca xa que está localizada na cabeceira do servizo e permitirá mellorar as condicións de funcionamento do sistema e aumentar a garantía de abastecemento á poboación.

En concreto, a auga que dá servizo a estes concellos ten coma orixe a estación de tratamento de auga potable da Telva, que xestiona EMALCSA, e desde aí é bombeada ata o lugar de Almeiras a unha cota superior para proceder á subministración de toda a contorna.

Datos técnicos

O novo depósito de auga de Almeiras ten unha planta circular de 28,6 metros de diámetro, 9,5 metros de altura e 6.100 metros cúbicos de capacidade.

Os traballos tamén incluíron a construción anexa dunha cámara de chaves para ter acceso ás tubaxes de entrada e saída. De feito, a entrada de auga ao depósito realízase mediante tres tubaxes de 1200 mm, 800 mm e 500 mm de diámetro, mentres que as saídas corresponden con outros tres tubos de 500 mm, 1000 mm e 1200 mm de diámetro.

Melloras na Telva

Así mesmo, de maneira simultánea a esta actuación, tamén se instalou na ETAP da Telva un novo sistema de cloración gas-líquido orientado á optimización e mellora da desinfección da auga ao longo da rede de distribución.

Este investimento supera os 500.000 euros e con el dáse un paso máis na mellora da calidade do servizo prestado por EMALCSA.

Últimas noticias

Valora os ríos da túa contorna +

Valora os ríos da túa contorna

Que valor teñen para ti os corredores fluviais?

Iso é o que queren saber os compañeiros de Life Fluvial e para iso lanzaron unha serie de enquisas sobre os corredores fluviais atlánticos, incluíndo o dos ríos Mero e Mandeo.

Tanto se participaches nalgunha das actividades que organizan coma se non, convídanche a encher a enquisa dispoñible na súa web en castelán ou en galego.

Anímate e axúdaos no seu obxectivo de mellorar o estado de conservación dos ríos da Rede Natura 2000!