Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

EMALCSA prolonga o prazo para participar no seu concurso

Noticias |

EMALCSA amplía o prazo para presentarse ao concurso “Valoremos a auga” ata o 22 de maio, un mes máis da data inicialmente marcada.

Aínda que xa se recibiron os primeiros vídeos de centros escolares e entidades deportivas da Coruña, dado que o obxectivo do certame é crear unha corrente de opinión e debate público sobre o valor que as persoas outorgan a auga, consideramos axeitado ampliar o prazo para así destacar todos o usos da auga e fomentar a implicación social para facelos sostibles.

Lembramos que ao concurso poden presentarse todos os centros escolares de infantil, primaria e secundaria e calquera outro tipo de entidades sociais, deportivas ou culturais dos concellos de: A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo e Carral.

Para participar só é preciso enviar un microvídeo dun minuto como máximo de duración a prensa@emalcsa.es, mostrando que significa para ese colectivo a auga desde calquera perspectiva: medioambiental, hixiénica, de ocio...

Premios

Todos os participantes levarán un obsequio de agradecemento por parte de EMALCSA pero ademais, o centro ou entidade ao que pertenzan os tres primeiros vídeos seleccionados conseguirán un premio en metálico de 500, 250 e 100 euros, respectivamente, xunto a un diploma acreditativo e un agasallo para todos os membros do equipo, que recibirán tamén unha visita guiada aos principais espazos relacionados co subministro de auga na comarca.

As bases completas do concurso se poden consultar, aquí.

  • EMALCSA prolonga el plazo para participar en su concurso

Últimas noticias

Valora os ríos da túa contorna +

Valora os ríos da túa contorna

Que valor teñen para ti os corredores fluviais?

Iso é o que queren saber os compañeiros de Life Fluvial e para iso lanzaron unha serie de enquisas sobre os corredores fluviais atlánticos, incluíndo o dos ríos Mero e Mandeo.

Tanto se participaches nalgunha das actividades que organizan coma se non, convídanche a encher a enquisa dispoñible na súa web en castelán ou en galego.

Anímate e axúdaos no seu obxectivo de mellorar o estado de conservación dos ríos da Rede Natura 2000!