Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

Abre Parque Emalcsa, un novo espazo expositivo virtual para mostrar as súas coleccións vinculadas á auga

Noticias |

EMALCSA creou un novo espazo expositivo online para dar a coñecer a súas coleccións, cumprindo ao mesmo tempo coas medidas de prevención esixidas pola covid-19. Así, a compañía de augas creou un “xardín virtual” no que se exhiben imaxes da comarca.

En concreto, a través da web www.emalcsavirtual.es , calquera persoa poderá desfrutar de tres exposicións diferentes. Unha delas, de fotografías históricas da evolución da traída de auga dende a súa orixe en Carral no século XX ata converterse no que hoxe e EMALCSA.

Outra sobre o certame de debuxo da natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre que organiza o Grupo Naturalista Hábitat da man de EMALCSA. Esta consta de dúas salas, unha coa exposición do ano e outra sala anexa onde se expoñen as anteriores edicións. E a última mostra está baseada no libro El agua en A Coruña, editado por EMALCSA e composto por imaxes de fontes, estanques e lavadoiros da cidade.

O obxectivo deste novo espazo virtual é compartir o patrimonio cultural da compañía con toda a veciñanza, tamén neste tempo de pandemia, e á espera de poder retomar nun futuro exposicións presenciais, como viña sendo habitual na Casa del Agua.

En todo caso, manterase esta web de xeito que sexa mais doado poder desfrutar deste patrimonio dende as casas ou cos móbiles. Ademais, Parque Emalcsa seguirá incorporando no futuro novas exposicións co que se converterá nun espazo de recreación do mundo da auga relacionado coa nosa contorna.

Últimas noticias

Valora os ríos da túa contorna +

Valora os ríos da túa contorna

Que valor teñen para ti os corredores fluviais?

Iso é o que queren saber os compañeiros de Life Fluvial e para iso lanzaron unha serie de enquisas sobre os corredores fluviais atlánticos, incluíndo o dos ríos Mero e Mandeo.

Tanto se participaches nalgunha das actividades que organizan coma se non, convídanche a encher a enquisa dispoñible na súa web en castelán ou en galego.

Anímate e axúdaos no seu obxectivo de mellorar o estado de conservación dos ríos da Rede Natura 2000!