Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

EMALCSA organiza o concurso “Valoremos a auga”

Noticias |

Con motivo do Día Mundial da Auga, EMALCSA pon en marcha o concurso “Valoremos a auga”, co que se pretende crear unha corrente de opinión e debate público sobre o valor que as persoas outorgan a auga e, así, destacar todos o seus usos e a necesaria implicación social para facelos sostibles, coincidindo coa filosofía que este ano impulsan desde Nacións Unidas.

Para iso, a compañía organiza un certame no que os centros escolares da comarca e outro tipo de entidades poderán enviar microvídeos dun minuto como máximo de duración mostrando que significa para eles a auga desde calquera perspectiva: medioambiental, hixiénica, de ocio...

Estes vídeos serán compartidos en redes sociais para dar a coñecer as diferentes visións sobre este recurso e así destacar a súa importancia.

Os centros e entidades interesadas dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo e Carral poderán mandar as súas creacións desde hoxe mesmo ata o 22 de abril ao correo electrónico prensa@emalcsa.es.

Premios

Todos os participantes levarán un obsequio de agradecemento por parte de EMALCSA pero ademais, o centro ou entidade ao que pertenzan os tres primeiros vídeos seleccionados conseguirán un premio en metálico de 500, 250 e 100 euros, respectivamente, xunto a un diploma acreditativo e un agasallo para todos os membros do equipo, que recibirán tamén unha visita guiada aos principais espazos relacionados co subministro de auga na comarca.

Consulta as bases completas aquí.

  •  EMALCSA organiza el concurso “Valoremos el agua”
  •  EMALCSA organiza el concurso “Valoremos el agua”

Últimas noticias

Valora os ríos da túa contorna +

Valora os ríos da túa contorna

Que valor teñen para ti os corredores fluviais?

Iso é o que queren saber os compañeiros de Life Fluvial e para iso lanzaron unha serie de enquisas sobre os corredores fluviais atlánticos, incluíndo o dos ríos Mero e Mandeo.

Tanto se participaches nalgunha das actividades que organizan coma se non, convídanche a encher a enquisa dispoñible na súa web en castelán ou en galego.

Anímate e axúdaos no seu obxectivo de mellorar o estado de conservación dos ríos da Rede Natura 2000!