Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.
Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración de su navegador, en nuestra Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

O paso para londras de Cecebre, iniciativa única en España

Noticias |

As londras de Cecebre son as protagonistas do último boletín de Comite Español UICN.
 
En concreto, o Comité Español da Unión Internacional da Conservación da Natureza faise eco do paso construído baixo a estrada AC-221 no que estiveron involucrados o Concello de Cambre, o Grupo Naturalista Hábitat, o GDR MariñasBetanzos, que achegou fondos do Programa Feader, e a propia Emalcsa.
 
O paso, construído co obxectivo de evitar atropelos, é unha experiencia pioneira en España e única para mellorar a biodiversidade na contorna dun encoro de auga.
 
A iniciativa beneficiará ademais a toda a fauna da zona e resultou ser un auténtico éxito xa que, en só uns meses, as londras empezaron a utilizar este túnel.
 

 

  • El paso para nutrias de Cecebre, iniciativa única en España

Últimas noticias

Valora os ríos da túa contorna +

Valora os ríos da túa contorna

Que valor teñen para ti os corredores fluviais?

Iso é o que queren saber os compañeiros de Life Fluvial e para iso lanzaron unha serie de enquisas sobre os corredores fluviais atlánticos, incluíndo o dos ríos Mero e Mandeo.

Tanto se participaches nalgunha das actividades que organizan coma se non, convídanche a encher a enquisa dispoñible na súa web en castelán ou en galego.

Anímate e axúdaos no seu obxectivo de mellorar o estado de conservación dos ríos da Rede Natura 2000!