
Valora os ríos da túa contorna
Que valor teñen para ti os corredores fluviais?
Iso é o que queren saber os compañeiros de Life Fluvial e para iso lanzaron unha serie de enquisas sobre os corredores fluviais atlánticos, incluíndo o dos ríos Mero e Mandeo.
Tanto se participaches nalgunha das actividades que organizan coma se non, convídanche a encher a enquisa dispoñible na súa web en castelán ou en galego.
Anímate e axúdaos no seu obxectivo de mellorar o estado de conservación dos ríos da Rede Natura 2000!