Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, na nosa Política de cookies
Sala de prensa

Sala de prensa

A Cátedra Emalcsa-UDC acolleu unha conferencia de Pere Malgrat

Novas |

A Cátedra Emalcsa-UDC tivo a honra de celebrar, o pasado 24 de maio, unha conferecia de Pere Malgrat Bregolat, xefe do Departamento de Espazo Urbano do Ajuntament de Barcelona, titulada: "Presente e futuro da xestión da drenaxe urbana: da xestión tradicional á xestión avanzada ou smart". A charla celebrouse na Casa da Auga e esgotou o aforo dispoñible coa asistencia de máis de 40 persoas, entre técnicos municipais, investigadores e persoal de Emalcsa. Foi presentado polo director da Cátedra Emalcsa-UDC, Joaquín Suárez López, e polo director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira.

Pere Malgrat é tamén consultor estratéxico en drenaxe urbana e resiliencia, presidente da Comisión de Drenaxe Urbana de AEAS (Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento), e coordinador de drenaxe urbana e resiliencia en EUREAU(Asociación Europea do sector).

Conta con 34 anos de experiencia, dedicados á planificación, proxectos, direccións de obra, explotación e mantemento de sistemas de drenaxe urbana e outros servizos urbanos, incluíndo novas tecnoloxías smart. Destacan entre os seus traballos a dirección de proxectos de grandes infraestruturas en Barcelona, Madrid, Lisboa, Bristol, Santiago de Chile ou Orán entre outros.

Malgrat foi presidente da Comisión de Drenaxe Urbana de AGBAR desde o 1995 ao 2014 e líder do Program Advisory Commitee de Drenaxe Urbana de Suez. Dirixiu tamén numerosos proxectos de I+D+i e normativas de drenaxe urbana a nivel nacional e internacional.